Casulo
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Casulo (homónimos).
O casulo, casulla ou casullo[1] é o envoltorio que fabrican as larvas de numerosos insectos segregando certa substancia, en particular o do verme da bolboreta da seda. O casulo está constituído por un material semellante á seda.
Na orde dos lepidópteros, coincide coa fase da metamorfose denominada crisálide, caracterizada por un estado quiescente inactivo, sendo o estadio intermediario entre a larva e o adulto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para casulo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casulo |