Saltar ao contido

Catábase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A catábase ou katabasis (do grego κατὰ, 'abaixo' βαίνω 'avance') é un descenso dalgún tipo, como baixar unha aba, o sol ao solpor unha retirada nunha campaña militar, unha expedición aos infernos ou unha viaxe desde o interior cara á costa. Existe unha gran cantidade de significados e interpretacións para este termo en poesía, retórica e na psicoloxía moderna.

Como imaxe retórica refire un descenso aos propios horrores a fin de enfrontalos, velos, volvelos conscientes e logo ascender purificado polo horror e a conmiseración.

A fin de representalo en literatura, usáronse lugares como o inframundo, o inferno, etc., mais noutros casos pódese usar un pozo de auga, ingreso a unha cova, caverna, agocho, ou mesmo mergullarse nunha pía. Estas imaxes, a miúdo utilizadas polo cinema, refiren ao mesmo tempo un illamento coa soidade como ferramenta de reflexión, así como a un regreso á placenta.

Tanto na poesía como na retórica, o termo katabasis refírese a un "descenso gradual" da énfase sobre un tema nunha sentenza ou nun parágrafo, mentres que anabase refírese a un ascenso gradual na devandita énfase.

Psicoloxía moderna

[editar | editar a fonte]

Na psicoloxía moderna, o termo de catábase tamén se utiliza ás veces para describir a depresión que experimentan algúns mozos.[1] O autor Robert Bly propón no seu libro "Iron John: A Book About Men" varias razóns para o "fenómeno da catábase ", entre eles a falta dos ritos de iniciación en Occidente e a falta dunha forte figura paterna e de modelos a seguir.

Viaxe ao inframundo

[editar | editar a fonte]

A catábase é a convención épica da viaxe do heroe ao inframundo.[2] Na mitoloxía grega, por exemplo, Orfeo entra ao inframundo para traer a Eurídice de volta ao mundo dos vivos.

A maioría das catábases terán lugar nun inframundo sobrenatural, como o Hades ou o Inferno, como na Nekyia, no libro 11 da Odisea, que describe o descenso de Odiseo ao inframundo. Con todo, a catábase tamén pode referirse a unha viaxe a través doutras áreas distópicas, como os encontros de Odiseo na súa viaxe de regreso de 10 anos de Troia a Ítaca. Pilar Serrano permite que o termo catábase englobe tamén estancias breves ou crónicas no inframundo, incluíndo os casos de Lázaro e Cástor e Pólux.[2] Neste caso, con todo, a catábase debe ir seguida dunha anábase ou resurrección para que poida ser considerada unha verdadeira catábase no lugar dunha simple morte.

  1. Artigos de Jung de 1932 sobre Picasso.(en inglés)
  2. 2,0 2,1 Pilar González Serrano, "Catábasis y resurrección". Espacio, Tiempo y Forma, Serie II: Historia Antigua. Volume 12, pp. 129–179. Madrid, 1999.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía adicional

[editar | editar a fonte]
  • Rachel Falconer, Hell in Contemporary Literature: Western Descent Narratives since 1945, EUP, 2005. Exemplos modernos de catábase ou descenso ao inferno.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]