CatPeople
CatPeople | |
---|---|
Orixe | Vigo, Galiza |
Período | 2003 - actualidade (en paréntese) |
Xénero(s) | post-punk revival |
Selo(s) discográfico(s) | PuPilo, PIAS |
Membros | Adrián PD Paco Iglesias Raúl Muñoz Iván Fernández |
Antigos membros | Adolfo Rodríguez Javier Abalo |
Na rede | |
http://catpeopletheband.com/ |
CatPeople é unha banda galega de post-punk revival procedente de Vigo, aínda que na actualidade residente na cidade de Barcelona.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]CatPeople naceu en Vigo a mediados do ano 2003 formada por Adrián PD (voz), Paco Iglesias (batería) e Adolfo Rodríguez (baixo). Inicialmente a banda chamouse Isósceles e posteriormente rebautizárona como Magic Noise, nome co cal gravaron a súa primeira maqueta, para a cal se uniu a eles o guitarrista Javier Abalo.
Durante os seus primeiros anos a banda estaba dividida entre Galiza e Barcelona por motivos de estudos dos seus membros (Adrián e Javier estudaban cine na cidade catalá). A mediados do ano 2005 Paco trasladouse a Barcelona e entraron na banda Raúl Muñoz nos teclados e Nadas no baixo, ao quedar Adolfo en Galiza (aínda que este se mantería como compositor). O grupo xa adoptara o nome de CatPeople o comezaba a preparar o seu traballo de estrea, despois de que a súa demo CatPeople fose elixida pola revista Mondosonoro como a mellor do ano 2005.
En xaneiro de ano 2006 comezou a gravar no estudio barcelonés Blind Records o seu primeiro álbum, Reel#1, co selo PuPilo Records. Durante a xira de promoción do álbum tocaron en diversas cidades españolas e en países europeos como Portugal, Francia, Alemaña e a República Checa, así como en varios festivais como Benicassim, Contempopránea, Sonorama, Festival Do Norte, Europavox ou Popkomm.
O seu segundo álbum, What's the Time Mr Wolf?, gravado tamén en Blind Records a finais do ano 2007, foi lanzado polo selo PIAS España o 9 de novembro do 2008.
O seu terceiro álbum, Love Battle, foi editado no mes de abril de 2011 e distribuído gratuitamente coa revista MondoSonoro.
Membros
[editar | editar a fonte]- Adrián PD - voz e guitarras
- Raúl Muñoz - guitarras e teclados
- Iván Fernández - baixo
- Paco Iglesias - batería
Discografía
[editar | editar a fonte]- Reel#1 - 2006 (PuPilo Records)
- What's the Time Mr Wolf? - 2008 (PIAS España)
- Love Battle - 2011