Saltar ao contido

Catalina Sky Survey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Catalina Sky Survey ou "Programa de Cartografía Celeste Catalina", recibe o seu nome da Serra onde se atopa o telescopio, nos Montes de Santa Catalina, preto de TucsonArizona. É un programa destinado ao descubrimento de cometasasteroides e obxectos con órbitas preto da Terra (NEOS) dentro do hemisferio norte celeste. O equipo do CSS está dirixido por Stephen M. Larson do Laboratorio Lunar e Global da Universidade de Arizona[1]. Este programa ten outra versión para o hemisferio sur celeste, en Australia, chamado: Siding Spring Survey.

Obxectivos

[editar | editar a fonte]

O obxectivo principal do proxecto é detectar ao menos o 90 por cento estimado dos obxectos preto da Terra ou NEOS (en inglés) con diámetro de máis de 140 metros. As instalacións contan con tres telescopios, de 0,7 metros; de 1 metro; e de 1,5 metros de diámetro respectivamente.[2]

  1. "About". catalina.lpl.arizona.edu/. Consultado o 16/11/2017. 
  2. "Facilities". catalina.lpl.arizona.edu. Consultado o 16/11/2017.