Catedral de Málaga
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Catedral de Málaga | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | catedral católica, monumento e basílica menor ![]() | |||
Estilo | Renacemento e Barroco ![]() | |||
Diocese | diocese de Málaga ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Provincia de Málaga | |||
Concello | Málaga ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1528 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
13 de marzo de 1855 | Decretum "De titulo Basilicae Minoris" ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto/a | Diego de Siloé ![]() | |||
Dedicado a | Xesús de Nazaret ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 3 de xuño de 1931 | |||
Identificador | RI-51-0000728 | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | malagacatedral.com ![]() | |||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |

A Catedral da Encarnación de Málaga é unha das xoias renacentistas máis valiosas de España. Está dentro dos límites que marcaba a desaparecida muralla árabe, formando un gran conxunto arquitectónico xunto coa inmediata Alcazaba e mais o Castelo de Gibralfaro. Foi construída entre 1528 e 1782, seguendo trazas de Diego de Siloé.
Características
[editar | editar a fonte]O interior é de estilo barroco. A basílica, de planta rectangular, está composta por tres naves, sendo a central de maior anchura que as laterais, mais son todas iguais en altura. O cadeirado do coro, obra de Pedro de Mena, é unha vistosa obra de arte.
A fachada, polo contrario, é de estilo renacentista e está dividida en dúas alturas. Na de abaixo hai tres arcos e dentro destes, portas separadas por columnas de mármore. Sobre as portas hai uns medallóns. Os das portas laterais representan os padroeiros de Málaga, San Ciriaco e Santa Paula, meentras o central representa unha escena bíblica.
A torre norte érguese até os 84 metros de altura, sendo a segunda catedral máis alta de Andalucía, só superada pola de Sevilla. A torre sur está sen rematar, porque o diñeiro se utilizara para axudar en América; de aí o sobrenome da Catedral: "La Manquita". Actualmente isto é motivo de polémica, xa que hai quen opina que debe ser terminada tal e como se proxectaba nos planos orixinais, mentres outros opinan que debe deixarse como está.