Catedral de Santo Isaac o Sirio e San Xurxo (Doha)
Aparencia
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Catedral de Santo Isaac o Sirio e San Xurxo (Doha) | |
---|---|
País | Qatar |
Localización | Doha |
Diocese | Igrexa ortodoxa de Xerusalén |
[ editar datos en Wikidata ] |
A catedral de Santo Isaac o Sirio e San Xurxo é unha igrexa ortodoxa baixo o patriarcado de Xerusalén, actualmente en construción, localizada na capital de Qatar, Doha.
Historia
[editar | editar a fonte]Os terreos onde está a igrexa foron doados polo emir Hamad bin Khalifa. A construción comezou en 2009, e está previsto que remate en 2018.[1] A catedral dará servizo aos arredor de 12.000 fieis ortodoxos que viven en Qatar. Está previsto que a nave principal do templo teña capacidade para 700 persoas.
O templo é a sé da arquidiocese de Qatar, parte da Igrexa ortodoxa de Xerusalén, aínda que a xurisdición sobre o país asiático é discutida pola Igrexa ortodoxa de Antioquía. O 13 de decembro de 2013 Makarios Mavrogiannakis foi consagrado como arcebispo de Qatar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Church accommodating 700 faithful to open in Qatar by end of year". Igrexa ortodoxa serbia. 27 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2018. Consultado o 20 de outubro de 2018.