Cathal mac Finguine
Biografía | |
---|---|
Morte | 742 ![]() |
Rei de Munster | |
713 – 742 ← Cormac mac Ailello (en) ![]() ![]() ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | rei ![]() |
Familia | |
Familia | Eóganacht Glendamnach (en) ![]() ![]() |
Fillos | Artrí mac Cathail ![]() |
Pai | Finguine mac Cathail ![]() |
![]() |
Cathal mac Finguine, finado en 742, foi un rei irlandés de Munster ou Cashel, e rei supremo efectivo de Irlanda.
Pertencía ós Eóganachta Glendamnach, dentro do grupo de familias dos Eóganachta cuxos membros dominaron Munster dende século VII ó X. O seu pai, tío, avó, e bisavó tamén fora reis de Cashel, como o serían o seu fillo e o seu neto.
O conflito de Cathal cos reis de Uí Néill, Fergal mac Máele Dúin, Flaithbertach mac Loingsig, e Áed Allán, fillo de Fergal mac Máele Dúin, repórtase con certo detalle nos anais irlandeses, e novamente as versións do norte e do sur difiren. Cathal tamén aparece como personaxe, non sempre retratado positivamente, en Aislinge Meic Con Glinne onde é posuído por un demo da glotonería.
Amplamente considerado como o rei irlandés máis poderoso da primeira metade do século VIII, e o máis forte rei (histórico) de Munster antes de Brian Bóruma, crese que Cathal mac Finguine é o último rei mencionado no Baile Chuinn Chétchathaig.[1][2] O rei histórico Eóganacht máis expansionista antes da súa ascensión ó trono foi Faílbe Flann mac Áedo Duib (d. 639).