Saltar ao contido

Caverna de Kapova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Figuras da "Sala de Pinturas" de Kapova

A caverna de Kapova e unha gruta situada nos montes Urais, Rusia, que contén pinturas rupestres, clasificadas dentro do período magdaleniano da cultura de Paleolítico Superior.

Situación

[editar | editar a fonte]

Denominada tamén Chulgan Tache, a caverna está situada no sur dos montes Urais, na rexión de Bashkiria, no distrito de Belorestk.

Localización de Kapova no oriente extremo europeo. Moitos das localizacións sinaladas no mapa só forneceron arte mobiliar.

Descuberta a fins da década de 1950, foi estudada por Otto N. Bader. O feito constituíu un fito importantísimo para a historia da arte paleolítica, porque en Europa, salvo na Península Ibérica, Italia e Francia, non se coñecía ningunha gruta con decoración.

Tanto polo estilo como pola temática, Kapova mostrou estar emparentada coas covas e abrigos occidentais. Con pinturas en ocre represéntanse mamuts, cabalos, bisontes e rinocerontes, fauna coñecida noutros murais rupestres. Hai tamén figuras humanas.

Por razóns estilísticas algunhas das figuras clasificáronse como similares ás do Magdaleniano. Cronoloxicamente remonta á 14.000 anos a.n.e.

Aínda que pouco vulgarizada fóra de Rusia, esta gruta constitúe unha etapa máis que testemuña as relacións entre a cultura do Paleolítico Superior europeo-occidental e Asia Central, onde as estacións arqueolóxicas do río Angara e as proximidades do lago Baikal (Malta, Buret e Krasni-Iar) mostran tamén afinidades no instrumental e a súa arte móbil.

Porén Kapova non está illada, pois nas súas proximidades descubríuse unha segunda gruta ornamentada, Ignatievka.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bader, Otto N., La caverne Kapovaïa: peinture paléolithique. Nauta. Moscou. 1965.
  • Vjaceslav E. Scelinskij, Vladimir N. Sirokov: Höhlenmalerei im Ural. Jan Thorbecke Verlag, Stuttgart. 1999. ISBN 3-7995-9004-8