Saltar ao contido

Cavidade gastrovascular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
En negro, sinalada co nº 2, a cavidade gastrovasuclar do hidrozoo Olindias formosus
En amarelo, cavidade gastrovascular dun platihelminto (Dugesia sp.)

En zooloxía, denomínase cavidade gastrovascular ou celéntero,[1] a un órgano que ten como función a dixestión e o transporte de nutrientes a todo o corpo do animal. Dous dos filos de animais, o dos cnidarios e o dos platihelmintos, posúen este tipo de cavidade.

Nos cnidarios

[editar | editar a fonte]

Os cnidarios, de simetría radial, teñen unha estrutura semellante a un saco, constituída por dúas capas de células e unha capa xelatinosa (mesoglea) entre elas. A cavidade posúe unicamente unha abertura para o exterior e está, na maioría deles, rodeada por tentáculos, que serven para capturaren as súas presas.

  1. cavidade gastrovascular, en Garrido, Carlos (1977): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]