Caviinos
Caviinos Caviinae Rango fósil: mioceno tardío - actualidade | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cobaias domésticas (Cavia porcellus) | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Domesticado | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Xéneros [1] | |||||||||||||||||||||||||
A dos caviinos (Caviinae) é unha subfamilia de mamíferos da orde dos roedores, suborde dos histricomorfos e infraorde dos histricognatos que reúne a todos os membros vivos da familia dos cavíidos, a excepción das maras, a capibara e ás dúas especies do xénero Kerodon.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A subfamilia foi descrita por primeira vez en 1817 polo naturalista ruso de orixe saxoa Gotthelf Fischer von Waldheim, en Mem. Soc. Imp. Nat., Moscova, 5: 372.[2]
Controversia
[editar | editar a fonte]Tradicionalmente a subfamilia contiña formas como a cobaia xunto coas especies do xénero Kerodon. Pero os resultados de recentes análises moleculares suxiren que a subfamilia dos Caviinae así definida sería parafilética e que o xénero Kerodon está máis estreitamente relacionado coas maras e a capibara que a outros caviínos.[3] Pola súa parte, baseándose na técnica do reloxo molecular, Opazo suxeríu que o xénero Kerodon separouse do xénero Hydrochoerus (capibaras) ao final do mioceno medio.[4]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Ademais de numerosos xéneros extinguidos, na actualidade recoñécense na subfamilia os seguintes xéneros, especies e subespecies viventes:[2]
- Xénero Cavia
- Cavia aperea
- C. a. aperea
- C. a. guianae
- C. a. hypoleuca
- C. a. pamparum
- C. a. patzelti
- C. a. rosida
- C. a. fulgida
- C. a. intermedia
- C. a. magna
- Cavia porcellus
- Cavia tschudii
- C. t. tschudii
- C. t. arequipae
- C. t. festina
- C. t. osgoodi
- C. t. sodalis
- C. t. stolida
- Cavia aperea
- Xénero Galea
- Galea flavidens
- Galea musteloides
- G. m. musteloides
- G. m. auceps
- G. m. demissa
- G. m. leucoblephara
- G. m. littoralis
- Galea spixii
- G. s. spixii
- G. s. palustris
- G. s. wellsi
- Xénero Microcavia
- Microcavia australis
- M. a. australis
- M. a. maenas
- M. a. salinia
- Microcavia niata
- M. n. niata
- M. n. pallidior
- Microcavia shiptoni
- Microcavia australis
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caviinos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Caviinos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Rowe, D. L. & R. L. Honeycutt (2002): "Phylogenetic relationships, ecological correlates, and molecular evolution within the Cavioidea (Mammalia, Rodentia)". Molecular Biology and Evolution 19: 263-277.
- Woods, C. A. & Kilpatrick, C. W. (2005): "Infraorder Hystricognathi". En Wilson, D. E.; Reeder, D. M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0, pp. 1552–1555.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Caviinae na ADW.
- Caviinae na EOL.
- Subfamily Caviinae Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Foissilwoks.