Caxade (grupo)
Caxade | |
---|---|
Caxade | |
Orixe | Ames, Galiza |
Período | 2012 – |
Xénero(s) | Indie-folk |
Selo(s) discográfico(s) | Discos da máquina |
Membros | Alonso Caxade Manu Paino Manu Espiño Xosé Tunhas |
Na rede | |
Web oficial | |
Caxade é proxecto musical de indie-folk do músico galego Alonso Caxade que comezou no ano 2012. Os seus traballos están editados no selo cooperativo Discos da máquina.
Naceu como un proxecto audiovisual a través da publicación das videocreacións "Dança dos Moscas", “Gente Pota” e “Sr. Xorda” con Javier Antelo Seoane, Iria Pinheiro e Tania Ameneiro. En 2013 publicou A dança das moscas con Manu Paino (trompeta e carillón), Manu Espinho (bombardino), Xosé Tunhas (batería) e o propio Alonso Caxade (voz e acordeón).[1]
Foi nomeado aos Premios Mestre Mateo, foi considerado Mellor Artista 2013 nos XIII Premios Opinión e gañou o Certame Música Xove.
En decembro de 2014 Caxade presentou o seu novo proxecto coa Banda de Música da Bandeira no Culturgal, no Pazo da Cultura de Pontevedra, interpretando o seu disco A Dança dos Moscas cunha orquestración de Manu Paino. Un ano despois, en decembro de 2015, tamén no Culturgal presentan o CD-DVD A Dança dos Moscas Ao Vivo gravado coa Banda de Música da Bandeira.
Tamén en decembro de 2015 participou no festival Suns Europe en Udine representando a Galiza coa canción "Gente Pota"[2]. En 2016 recibiu o Premio Martín Códax da Música na categoría de folk, mentres que en 2019 recibiu o Premio María Casares á mellor música orixinal por Casa O' Rei, de Ibuprofeno Teatro.
Discografía
[editar | editar a fonte]- A dança dos moscas (Discos da máquina, 2013)
- A dança dos moscas ao vivo, coa Banda de Música da Bandeira (Discos da máquina, 2015)
- E isto é o amor (Discos da máquina, 2016)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Caxade.gal (ed.). "Biografía de Caxade". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2017. Consultado o 24 de xullo de 2017.
- ↑ C., R. (10 de decembro de 2015). "Caxade competirá con 'Gente pota' polo Suns Europe". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2018. Consultado o 24 de xullo de 2017.