Ola (cociña)
Aparencia
(Redirección desde «Cazola»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ola.
As olas ou potas son unha familia de utensilios culinarios habituais en calquera cociña. Son xeralmente de forma cilíndrica ou subesférica e normalmente teñen unha tapa -tamén chamada testo- e unha ou dúas asas, ou ben un cabo. Algúns deses utensilios son revestidos internamente de teflón, material antiadherente e que soporta altas temperaturas.
Tipos
[editar | editar a fonte]- As olas de barro, cuxa fabricación dá lugar á industria da olaría.
- As potas son olas máis altas que largas. Fanse de ferro fundido, ferro esmaltado, aluminio ou aceiro inoxidable.
- Polo contrario as tarteiras ou tachos son olas mais largas que altas, dos mesmos materiais.
- Ola a presión, ola usada para cociñar máis rapidamente algúns tipos de alimentos, por exemplo os legumes, como feixóns, lentellas ou garavanzos, pois coa presión elévase a temperatura de ebulición por riba dos 100 °C.
Imaxes
[editar | editar a fonte]-
Olas de aceiro inoxidable
-
Ola a presión
-
Ola de pedra
-
Ola de ferro para o lume
-
Tarteira de ferro esmaltado
-
Pota de aceiro inoxidable
-
Ola de barro tipo tarteira