Saltar ao contido

Ola de presión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ola a presión»)
Unha ola de presión.

Unha ola de presión[1] ou pota de presión é unha ola na cal os alimentos son cocidos a temperaturas por riba do punto de ebulición da auga (100 graos Celsius) á presión ambiente, posibilitando por tanto un tempo de cocemento reducido.[2]

Estas olas, inventadas polo francés Denis Papin, a antiga "Marmita de Papin", están provistas de tapas que pechan hermeticamente o seu interior e de válvulas para que escape o vapor e permita a utilización segura. Normalmente existe unha válvula para o control da presión e unha válvula de seguranza, que se rompe por baixo da presión máxima que a ola soporta.

Este tipo de ola tamén se pode usar como esterilizador debido á alta temperatura que son capaces de alcanzar. Unha ola en estado normal, coa válvula e a frisa de goma da tampa en perfecto estado, chega a 120 °C.

  1. O Dicionario de alimentación e restauración Arquivado 07 de abril de 2020 en Wayback Machine. elaborado por Termigal estabelece o termo ola de presión como a forma a usar en galego (páx. 281).
  2. Vanks Estevão, "Como funciona a panela de pressão?" en EfeitoJoule.com Arquivado 13 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en portugués). Accedido o 24 de marzo de 2012.