Cebreiro, O Pino
Cebreiro | |
---|---|
Igrexa de San Xiao de Cebreiro. | |
Concello | O Pino[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°53′23″N 8°18′33″O / 42.8898, -8.3093 |
Poboación | 214 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xiao de Cebreiro[1] é unha parroquia do concello coruñés do Pino. Segundo o IGE en 2018 tiña 214 habitantes (104 homes e 110 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 281 habitantes.
O seu topónimo procede do latín CEBRARIUM, "lugar onde hai moitos asnos bravos", tamén chamados onagros e "cebros" <(e)quos feros + o sufixo abundancial -arium>[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Nela está unha carballeira onde se celebraba a feira do Vinte. Na actualidade aínda se pode ir comer o polbo o día 20 de cada mes. Nesta carballeira hai restos da antiga aldea e da capela de San Sadurniño. Foi unha das localizacións escollidas para a rodaxe da película Divinas palabras, na que participaron como extras moitos dos veciños da parroquia.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cruceiro "tridimensional" preto da igrexa parroquial.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cebreiro
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Cebreiro no concello do Pino (A Coruña) | |
---|---|
Angumil | A Carboeira | O Casal | O Castelo | A Feira | A Modorra | O Pazo | Quintás | San Sadurniño |
Parroquias do Pino
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Cabeza Quiles, F (2008): Toponimia de Galicia. Vigo, Editorial Galaxia. Páxs. 326, 428 e 492. ISBN 978-84-9865-892-1