Saltar ao contido

Cebu Pacific

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cebu Pacific
IATA
5J
OACI
CEB
Indicativo
CEBU
Fundación26 de agosto de 1988 (como Cebu Air)
Aeroporto principalaeroporto Ninoy Aquino
Plan de voo frecuenteGetGo
AlianzaValue Alliance
SubsidiariasCebgo
Frota48 (Cebu Pacific)
17 (Cebgo)
Destinos63
HoldingJG Summit Holdings, Inc.
Páxina web: https://www.cebupacificair.com

Cebu Air, Inc., operando como Cebu Pacific, é unha aeroliña de baixo custo filipina con sede no aeroporto Ninoy Aquino de Manila.[1] Airport A compañía opera voos regulatres tanto a destinos domésticos como internacionais. A súa base principal está no aeroporto Ninoy Aquino, e tamén ten centros de conexión nos aeroportos de Mactan-Cebú, Clark, Kalibo, Francisco Bangoy, Iloílo e Laguindingan.

A aeroliña é unha subsidiaria de JG Summit Holdings. No ano 2010 Cebu Pacific converteuse na aeroliña máis grande de Filipinas en número de pasaxeiros transportados. Segundo a Xunta de Aeronáutica Civil do país, Cebu Pacific transportou a 2,45 millóns de pasaxeiros no primeiro cuarto dese anos, uns 110 000 máis que Philippine Airlines no mesmo período.[2][3]

En maio de 2018 a frota de Cebu Pacific e da súa subsidiaria Cebgo estaba formada polos seguintes avións:[4]

Frota de Cebu Pacific
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Airbus A320-200 36 180[5]
Airbus A321-200 4 3[6] 230 Entregas dende marzo de 2018.
Airbus A321neo 32 236[7] Entregas de 2018 a 2022.
Airbus A330-300 8 436[8]
Total 48 35
Frota de Cebgo
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
ATR 72-500 8 72
ATR 72-600 9 7 78 Substituirán aos ATR 72-500. Entregas ata 2020.
Total 17 7
  1. Cebu Pacific (ed.). "Contact us". Consultado o 23 de maio de 2018. 
  2. Air Transport World (ed.). "Cebu Pacific now Philippines’ largest airline". Consultado o 23 de maio de 2018. 
  3. Centre for Aviation (ed.). "Philippine Airlines struggling as Cebu Pacific becomes largest carrier". Consultado o 23 de maio de 2018. 
  4. Planespotters (ed.). "CEBU Pacific Air Fleet Details and History". Consultado o 23 de maio de 2018. 
  5. Cebu Pacific (ed.). "Airbus A320". Consultado o 23 de maio de 2018. [Ligazón morta]
  6. ch-aviation (ed.). "Cebu Pacific adds A321ceo to offset A321neo order deferral". Consultado o 23 de maio de 2018. 
  7. Centre for Aviation (ed.). "Philippines domestic market: airport constraints restrict growth". Consultado o 23 de maio de 2018. 
  8. Cebu Pacific (ed.). "Airbus A330". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2018. Consultado o 23 de maio de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]