Cecil Rhodes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Cecil John Rhodes 5 de xullo de 1853 Bishop's Stortford, Reino Unido (pt) |
Morte | 26 de marzo de 1902 (48 anos) Muizenberg, Suráfrica (pt) |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Lugar de sepultura | Rhodes Grave (en) Gwanda (pt) |
2º Prime Minister of the Cape Colony (en) | |
4 de maio de 1893 – 12 de xaneiro de 1896 ← Cecil Rhodes – Gordon Sprigg (en) → | |
1º Prime Minister of the Cape Colony (en) | |
17 de xullo de 1890 – 3 de maio de 1893 ← Gordon Sprigg (en) – Cecil Rhodes → | |
Membro do Consello Privado do Reino Unido | |
Membro do Consello Privado de Irlanda | |
Datos persoais | |
Residencia | Kimberley |
Ideoloxía política | Imperialismo |
Relixión | Anglicanismo |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, explorador, colonizer (en) , economista, político, mecenas |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Irmáns | Frank Rhodes |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, second supplement (en) Enciclopedia soviética armenia The Empire and the century (en) |
Cecil John Rhodes, nado en Bishop's Stortford (Hertfordshire) o 5 de xullo de 1853 e finado en Muizenberg (Suráfrica) o 26 de marzo de 1902 [1], foi un home de negocios británico e o fundador do estado de Rodesia (como se chamou trala súa morte).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o quinto fillo de Francis William Rhodes e da súa segunda muller, Louisa Peacock. Como pastor da Igrexa de Inglaterra, seu pai serviu na parroquia de Brentwood, Essex durante quince anos, ata 1849 ao se converter no vigairo do bispado de Stortford, onde permaneceu ata 1876. Rhodes tivo nove irmáns e dúas irmás e acudiu á escola do bispado de Stortford, debido a unha enfermidade que lle afectou aos pulmóns foi vivir cun irmán a KwaZulu-Natal, onde chegou o 1 de setembro de 1870, levaba 3.000 libras do seu tío coa idea de cultivar algodón, pero ao saber que se descubrira en xullo de 1871 un rico xacemento nunha granxa chamada De Beers en Kimberley trasladouse alí e investiu os cartos en licenzas de explotación da mina de diamantes, asociándose con John X Merriman e C. D. Rudd, que máis tarde tamén o acompañaran na De Beers Mining Company.
En 1872 Rhodes sofre un ataque ao corazón, mais recupérase, pero tamén para investigar as posibilidades de atopar ouro no interior, os irmáns Rhodes marchan ao norte, chegando ata Mafeking e Murchison.
En 1873 ao se anunciar que a mina máis rica de Kimberly estaba esgotada Rhodes mercou todas as licenzas que lle ofreceron e fíxose rico ao se descubrir máis capas de diamantes nela, que deixa ao coidade do seu socio, Rudd, e volta a Inglaterra para completar os seus estudos, admitido no Oriel College, só estará por un curso, e non volverá ata 1876. Influído polo discurso inaugural de John Ruskin, que reforza a súa entrega á causa do imperialismo británico.
En abril de 1880 Rhodes e Rudd fundan De Beers Mining Company, con 200.000 £ de capital[2], que en 1885 controlaba máis do 50% das concesións de Kimberly.
Rhodes decide entrar en política, e en 1880 preséntase para a Asemblea do Cabo por Barkley West, un distrito rural con maioría de votos boers, pero consegue saír elixido. A principal preocupación do Parlamento do Cabo cando Rhodes entra nel era o futuro de Basutolandia, onde o ministro Gordon Sprigg tentaba restaurar a orde logo dunha rebelión provocada pola súa política de desarmar aos basuto. En 1886 ao se descubrir ouro en Johanesburgo Rhodes mercou boa parte das concesións.En 1890 Rhodes converteuse en primeiro ministro da Colonia do Cabo e implementou leis para beneficiar aos propietarios de minas e industrias, e pola lei Glen Grey favorecía a saída dos negros das súas terras para favorecer o desenvolvemento industrial. A política de Rhodes propiciou a consolidación do colonialismo británico en Suráfrica, e entrou en conflito coa República Boer do Transvaal que ambicionaba. En 1895 Rhodes apoiou un ataque sobre o Transvaal, o Jameson Raid, que fracasou e fixo que Rhodes dimitira como primeiro ministro.
Imperialismo
[editar | editar a fonte]Rhodes tamén usou a súa fortuna, a primeira do mundo do seu tempo, para perseguir o seu soño de esparexer o imperio británico por África, utilizou a forza de policía da súa Compañía Británica de África do Sur, fundada en 1890, para colonizar con granxeiros brancos Mashonaland, a actual Cimbabue. Rhodes tamén foi esencial na construción do ferrocarril do Cabo ao Cairo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Death of Mr. Rhodes. The Times. 27 de marzo de 1902. p.7
- ↑ "Purchasing Power of Pound". Measuring Worth. 1971-02-15. Consultado o 2014-08-20.