Cecilia Tarela
![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 ![]() Pontecesures, España ![]() |
![]() | |
2015 – maio de 2016 (moción de censura) ← Luís Álvarez Angueira – Juan Manuel Vidal Seage → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego ![]() |
Cecilia Tarela Barreiro, nada en Pontecesures en 1977, é unha política galega do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballadora da CIG, estudou Administración e Finanzas. Foi responsable local do BNG de Pontecesures e concelleira dende 2007, sendo a terceira tenente de alcalde dende 2011. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do BNG en Pontecesures conseguindo 2 concelleiros e foi elixida alcaldesa grazas a un pacto de goberno cos concelleiros de Terra Galega e do PSdeG[1]. En xaneiro de 2016 os dous concelleiros de Terra Galega abandonaron o goberno tripartito[2] e en maio dese ano presentaron unha moción de censura xunto ao PP e Independentes de Pontecesures[3] que fixo alcalde ao popular Juan Manuel Vidal Seage. Foi candidata ao senado nas Eleccións xerais de España de 2016. Encabezou de novo a candidatura do BNG nas municipais de 2019 logrando de novo 2 concelleiros e sen recuperala alcaldía, dado que o PPdeG mantivo a maioría cos seus socios, sendo tamén superada como segunda forza polo PSdeG.
Predecesor: Luís Álvarez Angueira |
![]() Alcaldesa de Pontecesures 2015 - 2016 |
Sucesor: Juan Manuel Vidal Seage |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cecilia Tarela asume el mando emocionada y reivindica "el final de los personalismos"
- ↑ Cecilia Tarela espera movimientos
- ↑ "Cecilia Tarela: "El tripartito se retrata solo: el soberbio, la autoritaria y el incapaz de trabajar"". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2016. Consultado o 05 de maio de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- «En Pontecesures vainos a marcha». Entrevista en La Voz de Galicia