Saltar ao contido

KK Cedevita Junior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cedevita Junior»)
Cedevita Junior
Información xeral
Nome Košarkaški klub Cedevita
Liga A1 Liga / ABA Liga / Euroliga
Fundación 1991
Cores           Vermello, branco
Presidente Croacia Mladen Veber
Adestrador Croacia Veljko Mršić
Patrocinador Cedevita / Raiffeisen Bank
Vestimenta Nike
Localización
Cidade Croacia Zagreb, Croacia
Pavillón Dom Sportova (3.500)
Dražen Petrović Hall (5.400)
Campionatos
Liga 2 (2014, 2015)
Copa 3 (2012, 2014, 2015)
kkcedevita.hr

O Košarkaški klub Cedevita Junior é un equipo profesional de baloncesto da cidade de Zagreb, Croacia. O club foi fundado en 1991 e actualmente compite na A1 Liga, a máxima categoría do baloncesto croata. Os maiores éxitos do club chegan na década de 2010, cando conseguen por vez primeira os títulos de Copa e de Liga. Actualmente disputa os seus partidos como local no Dom Sportova, con capacidade para 3.500 espectadores, e no Dražen Petrović Hall, que pode albergar a 5.400 seareiros. En 2019 o club fusionouse coa KK Olimpija de Liubliana para formar o KK Olimpija Cedevita, adoptando o equipo que ficou en Zagreb o nome de Cedevita Junior.

O KK Cedevita foi fundado na cidade de Zagreb en 1991 co nome de KK Botinec, máis tarde chemado KK Hiron por motivos de patrocinio. Temporada a temporada o club foi subido desde as categorías máis baixas do baloncesto croata até que chegou á A1 Liga en 2002. Na súa primeira temporada na máxima categoría conseguiu ser o 5 mellor equipo de Croacia, tan só por detrás de prestixiosos equipos como o KK Cibona, o KK Zadar, oo KK Zagreb e o KK Split. O club dería un paso adiante en 2005, cando Atlantic Grupa, unha potente empresa rexional, se converte no patrocinador principal do club, motivo polo cal o club foi rebautizado como KK Cedevita.

O novo equipo directivo elevou as ambicións do club, conseguindo o seu primeiro grande éxito na temporada 2009−10 ao acabar no terceiro posto da liga croata, só perdendo nas semifinais por 2-1 ante ao Zadar. Ademais, xogarían as semifinais de Copa e conseguirían o sétimo posto na súa temporada como debutantes na Liga do Adriático. Ao ano seguinte superarían o rexitro do anterior, chegando a acadar o terceiro luga na Eurocup Basketball, no que supoñía a súa primeira aparición nunha competición continental. O Cedevita xogaría a Final Four da eurocup ese ano tras vecer en casa ao Dinamo Moscova, ao Aris Tesalónica, ao Azovmash, ao Hemofarm Stada, ao Gran Canaria e ao Asefa Estudiantes así como fóra ao Azovmash, ao Hapoel Galil Gilboa, ao Unics Kazan, ao Gran Canaria, ao Asefa Estudiantes e ao Benetton Treviso. Na competeción doméstica acadaría o primeiro posto na fase regular da liga, perdendo na final ante o KK Zagreb. Ademais, volverían repetir o sétimo posto na ABA Liga.

O primeiro trofeo do club chegaría na temporada 2011−12 coa consecución da Copa Dražen Petrović e da Copa Krešimir Ćosić de Croacia, chegando ademais á final da Liga do Adriático. En 2013−14 conseguen ser o equipo hexemónico de Croacia ao gañar tanto a Liga como a Copa do país, volvendo chegar á final da ABA Liga. O fito sería repetido na temporada 2014−15, cun novo segundo posto na ABA e a consecución dos títulos de Liga e Copa. Debido aos bos resultados obtidos nos últimos anos o KK Cedevita converteuse ademais en equipo de Euroliga.[1]

Nomes do club

[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Botinec (1991−1992)
  • Stribor (1992)
  • Botinec (1992−1994)
  • Hiron Ema Šport (1994−1997)
  • Hiron Botinec (1997−2003)
  • Hiron (2003−2005)
  • Cedevita (2005−presente)

Xogadores

[editar | editar a fonte]
KK Cedevita 2015−2016
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
E-A 4 Croacia Mazalin, Lovro 2,04 m (6 ft 8 in) 88 kg (194 lb) KK Cibona (2013)
AP 5 Croacia Zubčić, Tomislav 2,12 m (6 ft 11 in) 96 kg (212 lb) Lietuvos Rytas (2013)
E 8 Croacia Pilepić, Fran 1,94 m (6 ft 4 in) 85 kg (187 lb) Bilbao Basket (2014)
A 9 Croacia Babić, Luka 2,01 m (6 ft 7 in) 92 kg (203 lb) KK Split (2012)
AP-P 11 Croacia Žganec, Karlo 2,06 m (6 ft 9 in) 102 kg (225 lb) KK Zagreb (2014)
P 15 Croacia Bilan, Miro 2,13 m (7 ft 0 in) 102 kg (225 lb) KK Zadar (2011)
AP-P 17 Croacia Delaš, Mario 2,07 m (6 ft 9 in) 98 kg (216 lb) Obradoiro CAB (2014)
B 20 Bosnia e Hercegovina Gordić, Nemanja 1,93 m (6 ft 4 in) 90 kg (198 lb) KK Igokea (2014)
P 34 Croacia Lončar, Markus 2,11 m (6 ft 11 in) 100 kg (220 lb) Cedevita Juniors (2014)
AP-P 35 Croacia Arapović, Marko 2,07 m (6 ft 9 in) 105 kg (231 lb) KK Cibona (2014)
E-A 44 Croacia Vučić, Ivan 1,97 m (6 ft 6 in) 92 kg (203 lb) Cedevita Juniors (2014)
B Croacia Katić, Toni 1,88 m (6 ft 2 in) 84 kg (185 lb) HKK Široki (2015)
B Croacia Mikšić, Karlo 1,95 m (6 ft 5 in) 86 kg (190 lb) Cedevita Juniors (2015)
B Pullen, Jacob 1,85 m (6 ft 1 in) 90 kg (198 lb) New Basket Brindisi (2015)
E-A White, James 2,01 m (6 ft 7 in) 98 kg (216 lb) UNICS Kazan (2015)
P Croacia Žorić, Luka 2,11 m (6 ft 11 in) 105 kg (231 lb) Fenerbahçe Ülker (2015)
Adestrador
  • Croacia Veljko Mršić
Asistente(s)
  • Italia Gianmarco Pozzecco
  • Croacia Dražen Orešković
  • Croacia Dino Repeša

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Competicións domésticas

[editar | editar a fonte]
  • Liga de Croacia
    • Campións (2): 2014, 2015
  • Copa de Croacia
    • Campións (3): 2012, 2014, 2015
  • Copa Dražen Petrović
    • Campións (2): 2011, 2014

Competicións rexionais

[editar | editar a fonte]
  1. "Cedevita Zagreb. Club info". Euroleague (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]