Cefalonia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Grecia | ||||
División administrativa | administración descentralizada do Peloponeso, Grecia Occidental e as Illas Xónicas | ||||
Periferias | rexión das Illas Xónicas | ||||
Unidades periféricas | Kefalonia Regional Unit (en) | ||||
Concello | Kefalonia Municipality (en) | ||||
Capital | Argostoli (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 36.064 (2021) (49,13 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 734,014 km² | ||||
Medición | 30 () × 48 () km | ||||
Bañado por | Mar Xónico | ||||
Altitude | 1.620 m | ||||
Punto máis alto | Monte Ainos (pt) (1.628 m) | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 280 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 267x0 | ||||
Páxina web | kefalonia.gr | ||||
Prefectura insular do noroeste de Grecia no centro do Heptonesos ou Illas Xónicas, dálle o seu nome a illa de Kefallinia máis coñecida co nome de Cefalonia.
Ten unha superficie de 904 km² e uns 35.000 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O tamaño da illa é de 781 km², e a densidade de poboación actual é de 55 habitantes por km². A cidade de Argostoli ten un terzo dos habitantes da illa. Lixouri é o segundo gran asentamento, e as dúas cidades en conxunto representan case dous terzos da poboación da prefectura.
Cefalonia está no corazón dunha zona de terremotos, decenas de tremores menores ou non rexistrados prodúcense cada ano. En 1953, un terremoto destruíu case toda a colonia na illa, deixando só Fiscardo no norte sen tocar.
As máis importantes marabillas naturais son as covas de Melissani e Drogarati.
Historia
[editar | editar a fonte]Homero menciónaa baixo o nome Same ou Samos. O seu nome derivaría de Céfalo que se fixo amo da illa con axuda de Anfitrión. Herodoto é o primeiro en dar este nome á illa (Cefalonia). A illa estaba formada por catro estados (tetrápolis): Same, Pale, Cranis e Proni. Estes nomes derivarían, segundo a lenda, dos catro fillos de Céfalo. Same e Proni (hoxe Tafio e, probablemente, antes Tafos ou Tafus) estaban na costa leste, Cranis e Pales ao oeste. Consérvanse tamén as ruínas dunha cidade romana en Cabo Escala, ao sueste probablemente, construída no século I e que se chamaba Cefalenia. Hoxe en día ten cerca o castelo de San Xurxo e está xunto á chaira de Livadhó. Ao norte áchanse tamén os restos dunha fortaleza chamada Asso, que pode ser a antiga Nesus.
Nas guerras médicas, só Pale estivo á beira de Atenas e enviou douscentos soldados que loitaron na Platea. A illa uniuse á confederación de Delos ao comezo da guerra do Peloponeso.
Durante as guerras cos romanos as cidades da illa opuxéronse a Roma. Etolia dominou a illa e Roma enviou a M. Fulvius cun exército en 189 adC. Tres cidades sometéronse, pero Same resistiu e foi conquistada logo dun asedio de 4 meses. Os romanos recoñeceron a illa como cidade libre.
Adriano deuna a Atenas, pero as cidades tiveron unha certa autonomía. En tempos do xeógrafo Claudio Tolomeo foi incluída na provincia do Epiro.
Dominio bizantino ata o final do século XI, cando foi ocupada polos normandos en 1082. Roberto Guiscardo morreu alí en 1085 logo de reprimir a revolta da illa, cando asediaba unha das cidades, e deu nome ao porto: Fiscardo. Coa súa morte volveu a Bizancio, pero despois foi ocupada polo pirata normando Margaritone de Brindisi en 1185 e en 1194 foi devolta aos bizantinos, pero conservada de feito polo conde Mateu I Orsini (neto de Margaritone) e polo conde Leone Vetrano. Vetrano foi executado polos venecians en (1206) e Orsini fíxose con todo o poder.
Á caída de Constantinopla de 1204, pouco despois pasou aos francos e foi incluída dentro do principado de Acaya. O feudo foi confiado a Gaius, príncipe de Taranto que aceptou a protección de Venecia en 1215; en 1224 Venecia recoñeceuna aos Orsini que non perderan o control. Logo dos Orsini pasou a Nápoles en 1324. En 1357 o príncipe de Taranto devolveuna a Venecia e foi integrada na señoría de Zante, gobernada polos Tocco, unha familia napolitana. Cando o último conde, Carlos Tocco, morreu, o poder pasou ao seu fillo e á súa muller Francesca.
En 1480 foi atacada polos turcos que levaron moitos habitantes e fixeron casar aos homes e mulleres con homes e mulleres de Etiopía para formar un pobo diferente para ser usado como escravos. Os venecianos reconquistaron a illa en 1482, pero a devolveron a Turquía por un tratado en 1485, aínda que mantiveron o feudo mediante un tributo. Os turcos estableceron unha guarnición no castelo de San Xurxo. En 1500 a cruzada dirixida polos venecians e aragoneses recuperou a illa. Permaneceu en poder de Venecia con capital en San Xurxo, ata que este castelo foi destruído por un terremoto en 1757 e a capital trasladouse ao porto de Argostoli.
En 1797, a República de Venecia foi abolida e os franceses adquiriron as súas posesións. O 28 de xuño de 1797 produciuse a ocupación francesa. Os insulares recibiron aos franceses como liberadores e izaron a bandeira francesa. O 17 de outubro de 1797 pasou formalmente a Francia polo tratado de Campio Formio. O 7 de novembro de 1797 os franceses crearon os departamentos de Corfú, Ítaca (que incluía Ítaca, Léucade, Cefalonia, Preveza e Vonitsa) e o mar Exeo (Zante e outras). Permaneceu baixo dominio francés ata que o 9 de novembro de 1798 rusos e turcos ocuparon a illa (xa ocuparan antes Corfú). O 2 de abril de 1800 creouse a República das Sete Illas, baixo protectorado ruso e otomán. Esta situación durou ata o 20 de xullo de 1807, en que Rusia cedeu Cefalonia e as outras illas a Francia e renunciou ao protectorado. O 13 de setembro de 1807, Cefalonia foi anexionada a Francia e o 8 de outubro de 1809, pasou a formar parte das Províncias Ilíricas. En outubro de 1809, os británicos ocuparon a illa e mantivérona ocupada ata 1814, en que se decidiu constituír unha República federal das Illas Xónicas baixo protectorado británico en nome das potencias que se proclamou o 5 de novembro de 1815. Dezasete gobernadores británicos rexeron a illa entre 1814 e 1863, dos cales cabe mencionar especialmente a Sir Charles Napier (12 de marzo de 1822 ata ao 1830) e en menor medida a Sir C. S. Everton (a finais da década de 1840). Naquel momento vivían na illa preto de 60.000 persoas.
En 1863, as illas foron entregadas a Grecia polo protocolo de Londres (Corfú, Cefalonia, Zante, Léucade, Ítaca, Citera, Paxos e outras menores). O 1 de xuño de 1864 produciuse a incorporación a Grecia.
Na illa naceu Yiannis Metaxas, primeiro ministro de Grecia durante a segunda guerra mundial. Durante esta, os italianos ocuparon a illa en 1941 e en 1943, os alemáns, ata que en 1945 rendéronse e a illa quedou en mans das forzas inglesas que a devolveron a Grecia. En 1953, foi arrasada por un terremoto e parte dos 365 vilas que había alí desapareceron. Fiscardo, o porto, resultou case intacto.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Fiskardo.
-
Lago da cova Melissani.
-
Castelo veneciano de "St.George" no sur de Argostoli.
-
A biblioteca Iakovatios en Lixouri.
-
Assos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cefalonia |