Saltar ao contido

Celebridade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A fama de Madonna deu orixe a numerosos estudos académicos.[1]

A celebridade (ás veces referido co anglicismo "celebrity") ou a fama, son atributos de persoas amplamente coñecidas e reputadas, que teñen e reclaman un alto grao de atención por parte do público e dos medios de comunicación. Unha «celebridade» é unha «persoa famosa»,[2] e a palabra vén do latín celebrĭtas; pola súa banda, «famoso» provén igualmente do latín famōsus.

Mentres que a fama é xeralmente un requisito para alcanzar o status de «celebridade», non sempre é suficiente. Ten que existir certo nivel de interese público na persoa, que pode estar motivado ou non, coa razón pola que esa persoa é famosa. Moitas celebridades sono só durante un período concreto, quizais por aparecer nun programa de televisión, ou facer algo que as sitúa baixo o escrutinio do público, como cruzar o Estreito de Xibraltar a nado, ou ser o primeiro en facer algo.

Unha figura pública como un político ou un empresario pode ser famoso, pero non converterse nunha celebridade, a menos que se concrete ou provoque o interese do público e/ou dos medios de comunicación. Por exemplo, o director da compañía Virgin, Richard Branson, era famoso como executivo ou empresario, pero non se converteu nunha celebridade ata que intentou circunnavegar a Terra nun globo. Doutra banda, as personalidades do mundo do espectáculo como actores de culebróns ou estrelas da música pop, poden transformarse en celebridades ata se as persoas tratan intencionadamente de eludir a atención dos medios de comunicación e do público en xeral.

Paris Hilton e Nicole Richie son dous exemplos de celebridades coñecidas polas súas herdanzas multimillonarias, sen ter en realidade mérito algún propio.

Rexional e culturalmente

[editar | editar a fonte]

As culturas e as rexións cunha importante poboación poden ter os seus propios sistemas independentes de celebridades, con xerarquías distintas. Por exemplo, a provincia canadense do Quebec, ten o seu propio sistema de lingua francesa así como particulares celebridades da televisión, do cine, e da música. Naturalmente, unha persoa cun certo grao de fama nunha cultura, pode ser considerado menos famoso ou descoñecido noutra, aínda que algunhas celebridades en todo o país, poderían lograr un pouco de atención fóra da súa propia nación.

As rexións dun país, ou as comunidades culturais lingüísticas, ou étnicas, ou relixiosas, tamén poden ter os seus propios sistemas de celebridades, sobre todo cando se diferencian lingüística ou culturalmente, como é o caso por exemplo do Quebec ou o País de Gales. Os personaxes da radio, presentadores de televisión, os políticos, as xerarquías da comunidade, e/ou os líderes sociais, poden chegar a ser celebridades locais ou rexionais. Algúns elementos ou circunstancias están asociados coa fama, como as persoas que aparecen nas portadas de certas publicacións importantes, por exemplo 'Times', ou quen recibio unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood. Certas persoas son coñecidas polo seu oficio ou profesión. Se se ten que nomear a un famoso boxeador, é máis probable que se cite a Muhammad Ali ou Mike Tyson, xa que a súa fama expandiose máis aló do propio deporte. Pablo Picasso é un nome que coñecen ata as persoas que non están interesadas na arte, do mesmo xeito que moitos saben que Harry Houdini foi un ilusionista, Bill Gates un empresario do negocio informático, Albert Einstein un científico que estableceu a teoría da relatividade, así como que Mozart e Beethoven foron compositores clásicos, e Luciano Pavarotti un cantante de ópera.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]
A fama en Dresden

A fama era mensaxeira de Xúpiter. Os atenienses habíanlle erigido un templo e honrábana cun culto particular. Furio Camilo entre os romanos, fíxolle edificar alí un templo. Os poetas mostrabana como unha deusa enorme que ten cen bocas e cen orellas, con longas ás cuxos extremos están gornecidos de ollos. Virxilio (1.4 da Eneida) supón que era filla de Terra que a pariu para publicar os crimes e as infamias dos deuses, en vinganza da morte dos xigantes (os seus fillos), a quen exterminaron (consultar Ovidio / Met. Voltaire, Henriada, canto 8 / Rousseau, oda ao príncipe Eugenio).

Nunha antiga medalla de Traxano, represéntase co deus Mercurio tendo na dereita un caduceo e na esquerda a brida a un Pegaso que se sosten so nos pés datras. Outros artistas pintárona cun roupaxe solto, ás nas costas e unha trompeta na man. Rubens e Le Brun déronlle unha dobre trompeta, para demostrar que de fe tanto do falso como do verdadeiro. Na estatua de Coysevox nas Tullerías, represéntase montada nun cabalo alado, soprando unha trompeta.

A Fama fala das artes e das ciencias, así como das grandes accións humanitarias, e para expresar este pensamento pintouse algunhas veces, sentada sobre broqueis, cunha trompeta e apoiándose sobre un busto antigo.[3]

Na ficción

[editar | editar a fonte]

O mesmo fenómeno ocorre cos personaxes de ficción. Cando a maioría da xente pensa nun super heroe ou unha celebridade do cómic, Superman, Spider-Man e ou Batman polo xeral será o primeiro que se lles veña á mente. Se un ten que nomear a un mago famoso, os nomes serían Merlín, Gandalf ou Harry Potter. Mickey Mouse é o rato máis famoso do mundo. As películas máis famosas de monstros son King Kong e Godzilla, e pola súa banda, o arquetipo de detective é Sherlock Holmes, e a idea da maioría da xente dun espía é James Bond.[4]

Converténdose en celebridade

[editar | editar a fonte]

As persoas poden chegar a ser famosas de moitas formas: Pola súa beleza física (actores, modelos, entre outros), polas súas cancións (cantantes) ou por ter algo peculiar. Tamén as persoas poden ser famosas por cometer un asasinato en masa, as súas aparicións nos medios de comunicación ou poden ser famosos por accidente, é dicir, convertéronse en famosos sen buscar a fama. O termo "celebridade instantánea" describe a alguén que se converte nunha celebridade nun período moi curto de tempo. Alguén que logra unha pequena cantidade da fama transitoria pode quedar marcado cunha "celebridade de clase B". A miúdo, a xeneralización esténdese a alguén que está á altura da corrente principal ou a fama persistente.

Non hai garantías de éxito para unha persoa de converterse en celebridade. Aínda que as celebridades veñen de diferentes campos de traballo, a maioría das celebridades veñen do entretemento e o deporte, tamén unha persoa pode ser unha figura pública que é comunmente recoñecida nos medios de comunicación. As celebridades moitas veces son persoas que alcanzan a fama e o éxito sen realizar esforzo, por exemplo, as persoas belas son elixidas para traballar como actores ou como modelos e grazas ao seu atractivo físico ou as súas habilidades son famosos e teñen grande éxito.

O diñeiro e o glamour adoitan xogar un rol importante se se trata de persoas famosas, que traballan no cinema, a televisión, a música etc.[5][6][7]

  1. Newitz, Annalee (novembro de 1993). "Madonna's Revenge: What Madonna has given to American culture, and culture throughout the world, is not a collection of songs; rather, it is a collection of images". EServer.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de abril de 2013. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Celebridade.
  3. Diccionario universal de la mitología (en castelán)
  4. Lee Moran, Iran bans the Simpsons... but Spiderman and Superman are allowed as they help 'the oppressed', sitio dixital 'Daily Mail', 6 de febriero de 2012.
  5. Natalie Boxall, Pick of the pops : A successful career in the music industry takes persistence and plenty of hard work - but where does your degree come in?, sitio digital 'The Guardian', 26 de mayo de 2007.
  6. [http://careers.guardian.co.uk/careers-blog/music-industry-careers?commentpage=all Live Q&A: Career options in the music industry How tough is it to find an industry job? - Ask our experts in a live Q&A and receive live advice on Friday 5 August. Join us from 1pm or post questions now], sitio digital 'The Guardian'.
  7. Jim Parcels, Chances of Making it in Pro Hockey, sitio digital 'Cumberland Minor Hockey Association', abril de 2002.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]