Celestina Marrón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Celestina Marrón Llaneza ![]() 29 de xuño de 1926 ![]() Langreu, España ![]() |
Morte | 9 de agosto de 2016 ![]() Xixón, España ![]() |
Relixión | Ateísmo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista ![]() |
Partido político | Partido Comunista de España ![]() |
Membro de | |
Premios | |
Celestina Marrón Llaneza, nada en Lada (Langreu) o 29 de xuño de 1926 e finada en Xixón o 9 de agosto de 2016, foi unha militante comunista española. Xunto a outras compañeiras como Tina Pérez e Anita Sirgo tivo un labor decisivo na Huelgona de 1962.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa familia sufriu as consecuencias da represión franquista e tivo que traballar xa desde nena.[2] O seu pai e o seu irmán foron fusilados tras a guerra civil en Pando, e os falanxistas queimaron a súa casa cando Marrón tiña 10 anos.[3]
Casou en 1946 e tivo dous fillos, dos que quedou a cargo tras a súa separación sete anos despois.[4] Ocupouse entón de todo tipo de traballos para poder saír adiante.[5] Ademais, tivo un papel destacado nos inicios na clandestinidade de Comisións Obreiras, sindicato no que ao longo da súa vida ocupou diversos cargos.[2] A súa casa serviu de refuxio a dirixentes históricos do Partido Comunista como Horacio Fernández Inguanzo ou Ángel León Camblor.[1]
En 1962, durante a Huelgona, levou a cabo labores fundamentais para o éxito da folga xunto a outras compañeiras como Anita Sirgo, Tina Pérez ou o resto de mulleres das Concas Mineiras, dende lanzar millo aos crebafolgas até organizar as mulleres e difundir propaganda clandestina do Partido Comunista.[5] Por outra parte, tamén exerceu o seu labor político como correspondente para Radio España Independiente baixo o pseudónimo de «Amapola asturiana de pura cepa».[5]
En 1966 comezou a traballar nos comedores do pozo Candín, onde continuou até a súa xubilación en 1991.[5] Después de xubilada, Marrón continuou a súa militancia en Comisións Obreiras.[3] Finou en Xixón o 9 de agosto de 2016, aos 90 anos. Os seus restos mortais foron incinerados.[2]
Homenaxes
[editar | editar a fonte]- En marzo de 2016 o PCE de Langreu homenaxeou a Celestina Marrón pola súa «vida de loita», tanto na clandestinidade coma nos cargos que logo ocupou.[1]
- En 2009 foille concedida, xunto a Rosa María Fernández García, a Medalla ao Mérito no Traballo na categoría de Prata pola súa loita a prol da clase obreira.[3][6] No acto, Marrón lembrou «a quen loitaron contra o franquismo e a favor da democracia, ás mulleres explotadas, aos traballadores e traballadoras que sofren a crise, e aos sindicalistas que en calquera lugar do mundo arriscan as súas vidas pola liberdade».[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Marrón: "Me siento orgullosa de mi lucha en la clandestinidad"". La Nueva España (en castelán) (Langreu). 14 de marzo de 2016. Consultado o 6 de novembro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Fallece la histórica sindicalista Celestina Marrón". El Comercio (en castelán). 10 de agosto de 2016. Consultado o 6 de novembro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Marrón Llaneza, Celestina". Vivir Asturias (en castelán).
- ↑ "Dos sindicalistas asturianas obtienen la Medalla de Oro al Mérito en el Trabajo". El Comercio (en castelán). 24 de abril de 2009. Consultado o 6 de novembro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Lamadrid, P. (11 de agosto de 2016). "Fallece a los 90 años Celestina Marrón, histórica figura de CC OO". El Comercio (en castelán). Consultado o 6 de novembro de 2024.
- ↑ Arias, Sara (17 de xullo de 2009). "La medalla al Mérito en el Trabajo galardona la lucha sindical en la clandestinidad". La Nueva España (en castelán) (Oviedo). Consultado o 7 de novembro de 2024.