Celestino de Pazos Teijeira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Corcubión, España |
Morte | 1899 Zamora, España |
Actividade | |
Ocupación | relixioso |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Celestino de Pazos Teijeira, nado en Corcubión[cando?] e finado en Zamora en 1899, foi un relixioso galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do notario Nicolás de Pazos Fernández e de Juana Teijeira Ardeleiros. Neto por liña materna de Deogracias Manuel Teijeira Pérez (orixinariamente Teixeira Peres) e bisneto de Francisco Antonio Ardeleiros Romero de Leis, os dous escribáns-notarios no arciprestado de Nemancos. Director en Pontedeume do Colegio Eclesiástico, dependente do Seminario central de Santiago, nomeado polo cardeal Miguel Payá y Rico. Cóengo, foi deán das catedrais de Vic, Tortosa e Zamora. Polemizou co sacerdote Félix Sardá y Salvany sobre o seu opúsculo integrista El liberalismo es pecado, editado en 1884.
Irmán de Nicolás de Pazos, avogado e dirixente na Coruña do Partido Integrista de Ramón Nocedal. Foi tío-avó segundo do profesor e neurofisiólogo Javier Teijeira Brunet.