Celia Fernández Figueroa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xullo de 1896 Merlán, España |
Morte | xuño de 1962 (65 anos) Nogueira de Miño, España |
Actividade | |
Ocupación | mestra, avogada |
María Celia Fernández Figueroa, nada en Merlán (Chantada) o 17 de xullo de 1896 e finada en Nogueira de Miño en xuño de 1962, foi unha avogada e mestra galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na casa de Pumar, parroquia de Merlán, no seo dunha familia de labregos medianos. Estudou no Colexo das Josefinas de Madrid. Despois comezou os estudos de Maxisterio abandonando ao pouco para matricularse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela no curso 1923-24, sendo unha das primeiras mulleres en facelo. Tamén estudou na Universidade de Murcia. Rematou Maxisterio e obtivo o título de mestra na Escola Normal de Santiago de Compostela en 1930.[1] Licenciose en Dereito en 1932, sendo a primeira muller en facelo na USC.[2][3] Foi mestra en Lugo, nos anos corenta na Fonsagrada, e finalmente en Nogueira de Miño ata a súa morte.
Deixou inédita a novela La huérfana de Sevilla “La Quijotesca”, na que aborda a problemática da muller.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García, Xosé Lois (2008). Diversas consideracións sobre a fegresía e coto de Merlán.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Celia Fernández Figueroa en Mulleres de Sil e Minho.