Celia Suñol i Pla
Nome orixinal | (ca) Cèlia Suñol i Pla |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ca) Celia Suñol y Pla 5 de maio de 1899 Barcelona, España |
Morte | 8 de xuño de 1986 (87 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Familia | |
Cónxuxe | Kaj Hansen Joaquim Figuerola |
Fillos | Antoni e Rosa |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nou diccionari de la literatura catalana |
Celia Suñol i Pla, nada en Barcelona o 5 de maio de 1899 e finada na mesma cidade o 8 de xuño de 1986, foi unha escritora española en lingua catalá.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Antonia Pla i Manent e do político Antonio Suñol i Pla, despois duns anos de infancia e adolescencia de formación e estabilidade, a morte dos seus pais marcaron un punto de inflexión na súa vida.[2] En 1921 enfermou de tuberculose e foi a Suíza para curarse. Alí coñeceu a Kaj Hansen, con quen casou en Dinamarca en 1922. Un ano despois volven xuntos a Cataluña, onde teñen ao seu fillo Antoni. En 1929, Hansen morreu. Posteriormente Celia Suñol casou con Joaquim Figuerola, con quen tivo, en 1931, á súa filla Rosa. En 1932 incorporouse como secretaria ao Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña. En 1945 morreu Joaquim Figuerola. Dous anos despois, gañou o Premio Joanot Martorell, actual Premio Sant Jordi, coa súa novela Primera part. En 1950 publicou L'home de les fires i altres contes. Ao sesenta e cinco anos perdeu a vista.
Celia Suñol morreu en 1986, á idade de 87 anos.[3]
Obra publicada
[editar | editar a fonte]- 1947 — Primera part, Barcelona, Aymà. Reeditada por Adesiara en 2014 cos fragmentos censurados polo franquismo.[4]
- 1950 — L'home de les fires i altres contes, Barcelona, Selecta.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Joanet Martorell de novela en 1947 por Primera part.
Notes
[editar | editar a fonte]- ↑ Cèlia Suñol
- ↑ Homenatge a Arthur Terry. L'Abadia de Montserrat. 1999. p. 252.
- ↑ Lletres catalanes (ed.). "Celia Suñol i Pla" (en catalán). Consultado o 7 de marzo de 2015.
- ↑ "Adesiara Editorial reedita la tragedia romántica 'Primera part' de Cèlia Suñol con los fragmentos censurados por el franquismo". CCMA. Consultado o 7 de marzo de 2015.