Celso Callón Loureiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 Vilaxoán, España |
Morte | 22 de xullo de 1985 (72/73 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Celso Callón Recuna |
Manuel Celso Callón Loureiro, nado en Vilanova de Arousa cara a 1912 e finado en Vilagarcía de Arousa o 22 de xullo de 1985,[1] foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi presidente da Juventud de Izquierda Republicana. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi enlace entre Vilagarcía e a Illa de Arousa e despois agochouse. Perseguido con especial saña, rexistraron varias veces o seu domicilio familiar da Lagoa na sospeita de que está entobado, e a noite do 14 de agosto incendiaron a casa, pero Celso xa marchara. Tras estar fuxido, entregouse en 1938. Foi xulgado por deserción en Ferrol o 2 de xuño de 1939[2] e condenado a 6 anos de prisión militar menor. Foi xogador do Arosa e vicepresidente e presidente do club. Foi presidente do Liceo de Vilagarcía. En 1975 participou na Asamblea Democrática de Arousa.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Vilagarcía de Arousa con María de la Encarnación Recuna Otero en febreiro de 1943,[4] e foi pai de Celso e Encarnación Callón Recuna.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abuín Duro, Marcelino (2018). La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941. Abegondo: Sociedad Bibliográfica de Galicia. pp. 193–194. ISBN 978-84-09-02453-7.