Saltar ao contido

Celso Romero Peláez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCelso Romero Peláez
Biografía
Nacemento1897 Editar o valor en Wikidata
Xinzo de Limia, España Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 1950 Editar o valor en Wikidata (52/62 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, escritor Editar o valor en Wikidata

Celso Romero Peláez, nado en Xinzo de Limia en 1897 e finado en Caracas nos anos cincuenta,[1] foi un avogado e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato en Ourense e Dereito en Valladolid. Participou na campaña anticaciquil en 1923 e colaborou en La Zarpa. Exerceu como avogado na Coruña, foii vicepresidente da Reunión de Artesanos e colaborou en El Momento e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Radical, en maio de 1934 pasou ao Partido Radical Demócrata[2]. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en Venezuela, onde escribiu varias obras de teatro, traduciu libros de bioloxía e colaborou en El Tiempo.

  • El drama de Bolívar, 1942.
  • Noche oscura de España, 1946.
  • El retiro de Don Juan, 1946.
  • Lincoln el leñador. Drama en tres actos, 1948.
  • El amor los caminos y las horas, 1953.
  1. López Cid, José Luis (30-10-1986). "Nuestros exiliados desconocidos". La Voz de Galicia: 33. 
  2. El Pueblo Gallego, 31-5-1934, p. 7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Martínez, Edelmiro (2012). "Celso Romero Peláez". Lethes.