Saltar ao contido

Cemiterio de Ribadeo

Tumba de Leopoldo Calvo Sotelo no cemiterio de Ribadeo
Tumba de Leopoldo Calvo Sotelo no cemiterio de Ribadeo
Escultura e altar na capela
Escultura e altar na capela

O cemiterio de Ribadeo é o camposanto público da vila mariñá, construído en 1932. Sitúase sobre a ría de Ribadeo, e parte dunha doazón dos irmáns Moreno. Ten unha extensión de 1,92 ha[1] e dispón dunha capela modernista con vidreiras de época. Ten un osario e un antigo edificio de autopsias, hoxe en desuso. A portada de acceso garda unha certa semellanza coa do cemiterio Colón da Habana.

Tumba irmáns Moreno na capela do cemiterio de Ribadeo
Tumba irmáns Moreno na capela

Con anterioridade o cemiterio de Ribadeo erguíase nos terreos que pasou a ocupar o parador de turismo da localidade. O novo camposanto inaugurouse en 1932 nun terreo doado polos irmáns Pedro e Juan Moreno, que achegaron ademais 500 000 pesetas para a súa construción, xunto co peche, a capela e unha estrada de acceso.[2] O proxecto foi realizado por Manuel del Busto[3] Entre as directrices marcadas polos irmáns Moreno estaba a idea de impedir ter grandes diferenzas entre ricos e pobres, evitando os grandes mausoleos.[3]

No 2001 cumpriuse os desexos dos irmáns Moreno de que os seus restos repousasen en Ribadeo, despois de ser enterrados en Buenos Aires. Trala repatriación quedaron na capela, ós pés dunha figura de mármore de Carrara de Collaut Varela. Foron nomeados fillos predilectos de Ribadeo.[2]

En novembro de 2010, por mor de obras na capela, as vidreiras sufriron unha destrución que foi reparada.[4]

Os dous esqueletos exhumados
Os dous esqueletos exhumados no 2023.

O 4 e 5 de xullo de 2023 na zona común do cemiterio fixéronse os traballos de exhumación de dous corpos de mortos da guerra civil.[5]

  1. "Visor SigPac". sigpac.mapa.gob.es. Consultado o 2023-07-12. 
  2. 2,0 2,1 "Nuestros nombres. Ayuntamiento de Ribadeo". ribadeo.gal. Consultado o 2023-07-13. 
  3. 3,0 3,1 Paloma (2017-11-13). "Cementerio de Ribadeo". Entre piedras y cipreses (en castelán). Consultado o 2023-07-13. 
  4. Agremon, Publicado por. "Un momento ... pero non había vidreiras aí?". Consultado o 2023-07-12. 
  5. Agremon, Publicado por. "Deuse un paso na memoria histórica de Ribadeo: exhumación de dous corpos". Consultado o 2023-07-12. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]