Saltar ao contido

Centaur (foguetes)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Centaur IIA»)
Unha etapa Centaur IIA sendo integrada nun foguete Atlas IIA.

Centaur é o nome dunha familia de foguetes espaciais estadounidenses usados desde principios dos anos 1960 como etapas superiores de diferentes foguetes.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

A familia Centaur tivo o seu comezo nos primeiros anos da década de 1960 con probas dunha etapa para poder lanzar cargas máis pesadas. As Centaur foron as primeiras etapas superiores crioxénicas da historia. O seu desenvolvemento continúa ata o día de hoxe.[1][2]

Centaur I

[editar | editar a fonte]

O Centaur I tiña un impulso de 146,8 kN, cunha masa cheo de 15.600 kg, un impulso específico de 444 s e un tempo de acendido de 402 s. Medía 9,15 m de altura e 3,05 m de diámetro. Usaba osíxeno e hidróxeno líquidos en dous motores RL-10A-3A e foi utilizado nos foguetes Atlas G Centaur e Atlas I.[3]

Centaur II

[editar | editar a fonte]

O Centaur II era unha versión máis pesada do Centaur I, usando os mesmos motores. Tiña unha masa de 18.833 kg cheo e o mesmo pulo e impulso específico, chegando aos 488 s acendido. As súas dimensións eran de 10,10 m de altura e 3,05 m de diámetro. Foi usado nos foguetes Atlas II.[4]

Centaur IIA

[editar | editar a fonte]

Foi usado nos foguetes Atlas IIA e Atlas IIAS. Usaba dous motores RL-10A-4, cun pulo total de 185,01 kN. Tiña unha masa de 19.073 kg, un impulso específico de 449 s e 392 s de acendido. As súas dimensións eran de 10,10 m de altura e 3,05 m de diámetro.[5]

Centaur IIIB

[editar | editar a fonte]

Usado no Atlas IIIA, usaba dous motores RL-10A-4-1 de Pratt & Whitney alimentados por hidróxeno e osíxeno líquidos. Tiña un pulo de 99,16 kN, cunha masa de 18.710 kg, un impulso específico de 451 s e 738 s de acendido. As súas dimensións eran de 10,00 m de altura e 3,05 m de diámetro.[6]

Centaur IIIB

[editar | editar a fonte]

Foi usado no Atlas IIIB, usando dous motores RL-10A-4-2 propulsados por hidróxeno e osíxeno líquidos. Tiña un pulo de 198,32 kN, cunha masa de 22.960 kg, un impulso específico de 451 s e 460 s de acendido. As súas dimensións eran de 11,68 m de altura e 3,05 m de diámetro.[7]

Centaur G

[editar | editar a fonte]

Etapa usada nos Titan 4. Tiña un pulo de 146,8 kN, unha masa de 23.880 kg, un impulso específico de 444 s e 625 s de acendido. As súas dimensións eran de 9,00 m de altura e 4,33 m de diámetro.[8]

Centaur V1

[editar | editar a fonte]

O Centaur V1 é unha etapa dun só motor RL-10A-4-2 usada nos foguetes Atlas V. Ten un pulo de 99,19 kN, unha masa de 22.825 kg, un impulso específico de 451 s e 894 s de acendido. As súas dimensións son de 12,68 m de altura e 3,05 m de diámetro.[9]

Centaur V2

[editar | editar a fonte]

O Centaur V2 usa dous motores RL-10A-4-2 e úsase tamén nos foguetes Atlas V. Ten un pulo de 198,40 kN, unha masa de 23.050 kg, un impulso específico de 451 s e 435 s de acendido. As súas dimensións son de 12,68 m de altura e 3,05 m de diámetro.[10]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Centaur stage series" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Centaur" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2022. 
  3. Mark Wade (2022). "Centaur I" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2022. 
  4. Mark Wade (2022). "Centaur II" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2022. 
  5. Mark Wade (2022). "Centaur IIA" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2022. 
  6. Mark Wade (2022). "Centaur IIIA" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2022. 
  7. Mark Wade (2022). "Centaur IIIB" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2022. 
  8. Mark Wade (2022). "Centaur G" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2022. 
  9. Mark Wade (2022). "Centaur V1" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2022. 
  10. Mark Wade (2022). "Centaur V2" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]