Newton (unidade)
Aparencia
Newton | |
---|---|
Tipo | unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades, unidade de forza, unidade do SI cun nome especial e unidade derivada de UCUM |
Nomeado en referencia a | Isaac Newton |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Newton (símbolo: N) é unha unidade de medida de forza do SI, nomeada en honra de Isaac Newton. Corresponde á forza que fai un obxecto de 1 kg ao ser acelerado a 1 m/s2.
Xa que a definición dun peso é a forza que actúa entre dous corpos, que chamamos gravidade, o newton é tamén polo tanto unha unidade de peso: a masa dun quilogramo na superficie da Terra ten un peso de aproximadamente 9.81 newtons, aínda que este número varíe lixeiramente ao longo da superficie da Terra. Un newton é aproximadamente o peso dunha mazá pequena, curioso, se se ten en conta a historia do descubrimento da gravidade de Newton.
Equivalencias
[editar | editar a fonte]1 N | 105 Dinas |