Centenional

O centenional (en latín: centenionalis) foi unha moeda da Antiga Roma cuñada en bronce na derradeira época do baixo Imperio.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A aparición do centenional supón unha tentativa de Constante e de Constancio II de reintroducir unha moeda de bronce de gran módulo, entre os anos 320 d. C. e 340 d. C., momento en que os follis perderan case todo o seu valor.
Aínda que a tipoloxía específica resulte confusa, desde a perspectiva numismática actual considérase como centenional a moeda desa época cun peso de entre 3,55 e 2,60 gramos. Aínda que a asignación dun valor para estas moedas non está clara, é habitual atribuírlle o da centésima parte da siliqua de prata, polo menos no momento do seu nacemento, aínda que este foi diminuíndo co tempo.[2]
A existencia do centenional non foi moi longa. Chegou a dexenerar ata tal punto o seu valor que deixou de emitirse coa reforma monetaria de 395 d. C. de Teodosio, a partir da cal xa só se emitiron as máis pequenas das fraccións de moedas de cobre, que en xeral se coñecen hoxe como AE3 e AE4, en función da amplitude dos seus diámetros, xa que se descoñecen as súas denominacións naquel momento.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Centenional".
- ↑ "Centenional, Centenionalis, Nummus Centenionalis; ¿Cómo nombrarlo? Arquivado 02 de novembro de 2017 en Wayback Machine.". En Monedas del Bajo Imperio (en castelán)
- ↑ Armstrong, M. A. "The Monetary History of the Roman Republic". Armstrong Economics (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centenional ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. 2ª edición. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores).
- Vagi, D. L. Coinage and History of the Roman Empire. Vol I-II: coinage. Taylor & Francis Group. 2001. ISBN 978-1579583163
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Centenionalis". En CoinArchives.