Centro Gallego de Montevideo
Centro Gallego de Montevideo | |
---|---|
Sede do Centro Gallego en 2019 | |
Tipo | organización e associação civil |
Data de fundación | 30 de agosto de 1879 |
Premios | Premio Otero Pedrayo |
Enderezo | San José |
País | Uruguai |
Na rede | |
http://www.centrogallegodemontevideo.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Centro Gallego de Montevideo é unha organización civil uruguaia, situada na rúa San José 870 de Montevideo.
Fundado o 30 de agosto de 1879, é o centro galego máis antigo do mundo. O seu presidente é Julio Ríos Serapio.[1][2][3]
A institución ten catro grupos estables de baile, o Ballet Folclórico Galego Alborado, a Escola Rexional de Danza Regional Gallega, o Ballet de España e o Grupo Folclórico Raigamenes formado por persoas maiores. Tamén conta cunha banda de gaitas e unha publicación anual patrocinada pola Xunta de Galicia. Na institución hai un cadro da artista Mariela Zilli chamado "Romería". Ademais dos membros da xunta directiva que se renovan cada dous anos, están a Comisión de Festas, a de Cultura, a de Tesourería, a de Deportes e a de Obras.[4]
O seu centro deportivo está situado na Avenida Italia 7504. Entre as actividades hai actividades recreativas e de piscina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Centro Gallego de Montevideo, el más antiguo del mundo". espanaexterior.com (en castelán). 4 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 7 de novembro de 2019. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ "Julio Ríos gana las elecciones y continuará como presidente del Centro Gallego de Montevideo". aegu.org.uy (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ "Directiva". centrogallego.com.uy (en castelán). Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ Centro Gallegó de Montevideo. Memoria y Balance período 2018 y 28 de febrero de 2019.]