Centro Pai Menni
O Centro Pai Menni é un centro de acollida situado en Betanzos, inaugurado en 1923 como Refugio para niñas anormales.
Características
[editar | editar a fonte]Está situado na zona do Coto, subindo do barrio das Cascas cara á Infesta (Betanzos).
Naceu coa función de acoller nenas enfermas, orfas e con discapacidades físicas nunhas instalacións que combinaban asilo e escola. Dende a súa inauguración foi confiado ás Irmás Hospitalarias do Sagrado Corazón. Na década de 1960, co cambio das necesidades sanitarias, transfórmase no Instituto Médico-Pedagóxico da Nosa Señora do Sagrado Corazón para deficientes mentais.
Aínda que moi transformado, o edificio segue contando con detalles do edificio orixinal como os murais bíblicos que existen na súa entrada ou as estatuas dun músico e un home cun can na parte alta do recinto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arcay Barral, Ángel (2020). El Parque del Pasatiempo de Betanzos (en castelán). Betanzos: autoedición.
- Fuente García, Santiago de la (1999). "Los hermanos García Naveira y sus fundaciones" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (22): 395–434.
- Rodríguez Arnao, Juan Antonio (2022). "Refugio Nuestra Señora del Sagrado Corazón de Jesús para niñas lisiadas, raquíticas y escrofulosas pobres" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (45): 193–213.