Centro Vermeer de Delft
Centro Vermeer de Delft (Vermeer Centrum Delft) | |
---|---|
Fachada do Centro Vermmer de Delft. | |
Coordenadas | 52°0′44″N 4°21′34″L / 52.01222, -4.35944 |
País | Países Baixos |
Cidade | Delft |
Director | Herman Weyers |
Inauguración | 2007 |
Visitantes | 35.000 (2011) |
Na rede | |
https://www.vermeerdelft.nl/nl/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Centro Vermeer de Delft (en neerlandés: Vermeer Centrum Delft) é unha institución museística localizada na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, que alberga unha exposición permanente sobre a vida e a obra de Johannes Vermeer, un dos pintores máis famosos da idade de ouro da pintura holandesa, así como doutros pintores da súa época.
O nome de Veermer está moi fortemente asociado a Delft, a cidade onde naceu en 1632, e onde pasou toda a súa vida e desenvolveu a súa produción. [1]
O edificio
[editar | editar a fonte]O centro está na canle Voldersgracht, no centro histórico de Delft, preto da Gran Praza, na localización histórica do gremio de pintores e artistas de San Lucas, onde o alcalde G. Meerman decidiu en 1661 reconstruír a capela do antigo asilo de anciáns.
A exposición
[editar | editar a fonte]Malia non dispor de ningunha das pinturas orixinais de Vermeer, este centro é o único lugar do mundo en que se poden ver simultaneamente 37 reproducións das súas obras máis significativas, ordenadas con criterios cronolóxicos, que ofrecen unha imaxe completa da traxectoria de Johannes Vermeer.[2]
Unha exposición permanente achega información sobre a época en que viviu Vermeer e sobre o estudio onde traballou. Hai tamén unha proxección constante sobre unha pantalla de 12 metros de ancho que amosa a intensa relación de Vermeer coa vila de Delft.
No segundo andar pódese ver outra exposición permanente, titulada "Mensaxes de amor de Vermeer", que se centra no simbolismo que o pintor lle imprimiu á súa pintura. Nesta planta hai tamén unha pequena tenda de regalos e libraría.
O Centro Vermeer de Delft abriu as súas portas en 2007 e está xestionado integramente por voluntarios. O número de visitantes é cada vez maior, e en 2011 chegou aos 35.000.
O centro está aberto os sete días da semana e ofrece visitas guiadas a grupos. Para os visitantes individuais, hai un percorrido con servizo de son gratuíto a través de todas as salas.[3]
Outros museos
[editar | editar a fonte]Nos Países Baixos albérganse sete pinturas orixinais de Vermeer, no museo Mauritshuis, na Haia, e no Rijksmuseum, en Ámsterdam.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vermeer Centrum Delft Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web oficial do Concello de Delft. (En neerlandés)
- ↑ "Vermer Centrum Delft". En WhichMuseum.com. (En neerlandés e en inglés)
- ↑ Horarios, prezos, contacto e informacións relevantes. (En neerlandés)
- ↑ "De collectie: Vermeer". No sitio web oficial do museo Mausitshuis. (En neerlandés e en inglés)
- ↑ "Johannes Vermeer". No sitio web oficial do Rijksmuseum. (En neerlandés e en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centro Vermeer de Delft |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial do Centro Vermeer de Delft(en neerlandés)
- Essential Vermeer (en inglés)