Saltar ao contido

Centro histórico de Évora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCentro histórico de Évora
Imaxe
Tipobarrio
casco vello
patrimonio cultural
conxunto urbano Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaÉvora (São Mamede, Sé, São Pedro e Santo Antão), Portugal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSanto Antão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 38°34′23″N 7°54′28″O / 38.5731, -7.9078
Características
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1986 (10ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador361
Monumento nacional de Portugal
Identificador11871259

O centro histórico de Évora é un espazo urbano intramuros que ten raíces que se remontan á época do Imperio Romano. A cidade aínda conserva, en gran parte da súa área central, vestixios de diversas civilizacións e culturas: celtas, romanos, árabes, xudeus e cristiáns influíron na cultura da cidade. Alcanzou a súa época dourada no século XV, cando se converteu na residencia dos reis de Portugal. A calidade arquitectónica e artística do casarío branco ou decorado con azulexos e varandas de ferro forxado, datadas nos séculos XVI a XVIII, é única. Os monumentos da cidade tiveron tamén unha profunda influencia na arquitectura portuguesa no Brasil.

O centro histórico de Évora, formado por rúas estreitas e prazas, ten unha extensión de 107 hectáreas e está claramente delimitado polas murallas medievais, cunha lonxitude de máis de 3 km.

No lado sur da antiga muralla atópase a Praza do Giraldo, da cal parten as principais rúas en forma radial.

En 1986, o centro histórico de Évora foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.[1][2][3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]