Saltar ao contido

Cesáreo Durán Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCesáreo Durán Álvarez
Biografía
Nacemento1887 Editar o valor en Wikidata
Mos, España Editar o valor en Wikidata
Morte1973 Editar o valor en Wikidata (85/86 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Moraña
1936 – 1936 (destitución)
Alcalde de Moraña
1930 – 1932
← Faustino Barros Álvarez
Alcalde de Moraña
1920 – 1923
← Constante Diz MonteagudoFaustino Barros Álvarez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, empresario Editar o valor en Wikidata
Infográfico realizado polo concello de Moraña sobre os seus alcaldes. Neste caso Cesáreo Durán Álvarez

Cesáreo Durán Álvarez, nado en Mos (Saiáns, Moraña) en 1887 e finado en 1973, foi un empresario, agrarista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrou novo a Buenos Aires. Ao retornar foi contratista de obras. Agrarista, foi elixido alcalde de Moraña o 1 de abril de 1920. Colaborou no periódico El Bólido.[1] En 1924 foi elixido secretario da Sociedad de Oficos Varios de Moraña.[2] Foi multado con 250 pesetas polo gobernador civil de Pontevedra por "hablar mal del gobrierno" en xuño de 1926.[3] Foi nomeado alcalde por Real Orde en abril de 1930.[4] Volveu ser elixido alcalde polo artigo 29 en 1931. Permaneceu no cargo ata 1932, e despois continuou como concelleiro. Espiritista, acudiu coa delegación galega ao V Congreso Espiritista Internacional de Barcelona en 1934.[5] Co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 volveu ser alcalde de Moraña. Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 houbo de agocharse e sufriu persecucións.[6]


Predecesor:
Constante Diz Monteagudo
 
Alcalde de Moraña
 
1920 - 1923
Sucesor:
Faustino Barros Álvarez
Predecesor:
Faustino Barros Álvarez
 
Alcalde de Moraña
 
1930 - 1932
Sucesor:
?
Predecesor:
?
 
Alcalde de Moraña
 
1936
Sucesor:
?
  1. "El Bolido, 1922, nº116". Scribd (en inglés). Consultado o 2018-07-07. 
  2. Galicia. Diario de Vigo, 26-1-1924, p. 2.
  3. El Progreso, 10-6-1926, p. 3.
  4. El Eco de Santiago, 7-4-1930, p. 2.
  5. Pioneros espiritistas en Galicia
  6. "Moraña na historia, conversa con Xosé Casal a partir del minuto 22:35". Consultado o 2023-09-19.