Saltar ao contido

Chékéba Hachemi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChékéba Hachemi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Cabul, Afganistán Editar o valor en Wikidata
EducaciónESCP Europe Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista, escritora Editar o valor en Wikidata
Premios


Chékéba Hachemi (dari: شکیبا هاشمی), nada en Cabul o 20 de maio de 1974, é unha diplomática, activista feminista e escritora afgá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1986, tras a invasión soviética, emigrou a Francia. Estudou na ESCP Europe de París.

En 1996 fundou a ONG Afghanistan Libre, pola defensa dos dereitos das mulleres e rapazas afgás baixo o réxime talibán, co propósito de facilitar o acceso á educación, a saúde e o desenvolvemento persoal nas áreas rurais, así como dar a coñecer as condicións de vida das mulleres do seu país. Durante dez anos a organización publicou a revista Roz.

En xaneiro de 2002 foi nomeada secretaria da embaixada afgá na Unión Europea. En xullo de 2005 foi nomeada polo goberno de Cabul conselleira do vicepresidente, a cargo dos proxectos de prioridade nacional. En marzo de 2007 foi nomeada conselleira do presidente Hamid Karzaï, traballando desde París. Deixou o seu cargo en 2009. Nese ano formou a compañía consultora Epoke Conseil canda a Marie-Françoise Colombani para promover a igualdade de xénero en Francia, así como CH Consulting, especializada no estudo e o deseño de proxectos sociais encol do rol da muller nas empresas.

En 2019 formou parte da organización da conferencia internacional Stand, Speak, Rise Up[1] como conselleira de estratexia da Gran Duquesa María Teresa de Luxemburgo, co fin de rematar coa violencia sexual[2], en colaboración con We are not weapons of war[3] e a Fundación Denis Mukwege[4].

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 2001: Premio Femme en or
  • 2008: Premio Mulleres pola Educación, do Foro Económico das Mulleres
  • 2012: Premio polos Dereitos Humanos da República Francesa
  • 2014: Medalla de Ouro do Forum polos Dereitos Humanos Crans Montana
  • 2014: Cabaleiro da Orde Francesa do Mérido Nacional
  • 2016: Premio RAJA pola educación e a acción social
  • 2017: Premio do Apoderamento Positivo da Fundación Planeta Positivo
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2019. Consultado o 31 de agosto de 2019. 
  2. "Réunion de travail "Stand Speak Rise Up" avec Dr Mukwege et Céline Bardet". Maria Teresa, Grande-Duchesse de Luxembourg (en inglés). Consultado o 2018-12-20. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2021. Consultado o 31 de agosto de 2019. 
  4. https://www.mukwegefoundation.org/mukwege-foundation/
  5. Massoud, Sediqa (2005). Pour l'amour de Massoud. XO éditions. ISBN 2845632436. 
  6. Hachemi, Chékéba (2011). L'Insolente de Kaboul. Paris: Editions Anne Carrière. ISBN 978-2-8433-7570-5.