Chacín, Mazaricos
Chacín | |
---|---|
Devesa de Chacín. | |
Concello | Mazaricos[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°54′24″N 8°56′06″O / 42.9068, -8.935 |
Poboación | 612 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Baia de Chacín[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2018 tiña 612 habitantes (328 mulleres e 284 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 875 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A capela de Santa Leocadia e San Brais é un templo de planta cuadrangular cun pórtico no lado norte. Foi construído na idade moderna, en pedra de cantaría con cuberta a dúas augas e unha espadana de ferro sen campá. Na fachada está a porta centrada no lenzo, unha pequena fiestra e unha bufarda.
A igrexa de Santa Baia de Chacín[2] foi pechada ó culto no ano 1974, se ben chegou a celebrarse unha misa mensual ata o ano 2000[3]. É un templo de tres naves separadas por arcos que descansan en cimacios, por arcos de medio punto sobre columnas de sección octogonal, semellantes aos varais dos cruceiros. A capela maior ten planta rectangular e cóbrese con bóveda de canón de cantería apoiada nun arco faixón. No lado do evanxeo pégase a sancristía, tamén de planta rectangular cun único acceso desde o interior do presbiterio. Un grade arco triunfal da acceso a a gran nave, que se cobre con cimbros de madeira. Aos pés aparece un coro alto de madeira, hoxe en estado ruinoso. No exterior da fachada destaca pola súa composición asimétrica ao presentar no muro norte, dentro do mesmo plano que a fachada unha torre-campanario formada por dous corpos. o primeiro, de planta cadrada con arcos de medio punto sobre machóns achafranados e decorado con cornixas moi saíntes. O segundo corpo, tamén con catro baleiros, coróanse cunha cúpula semiesférica ornamentada cun pequeno acroterio con bola. A porta principal, alintelada, esta cuberta por un arco de medio punto que crea un tímpano no que se sitúa unha imaxe da santa titular. Os retablos, hoxe desmontados e gardados en espera de que algún día se poidan restaurar conxuntamente coa edificación pétrea, pertencen a segunda metade do XVIII e teñen a graza e a elegancia propia do rococó. Conserva o adro, o cemiterio e as ruínas da casa reitoral.
Na parroquia houbo un poboado castrexo, o castro da Pena dos Mouros.
Preto da ermida de Santa Leocadia e San Brais, no bosque de Augabril, nace o río Nosiño, creando unha fervenza.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Capela de Santa Leocadia e San Brais.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Chacín
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Chacín no concello de Mazaricos (A Coruña) | |
---|---|
Asenso | Chacín | Fontemourente | Gosolfre | Lamasapín | O Pino de Val | Santa Baia | Val | Vilariño de Chacín | Vioxo |
Parroquias de Mazaricos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Solis Pais, Liliana. "Igrexa de Santa Baia de Chacín". Patrimonio Galego. Consultado o 04/07/2021.
- ↑ Alvite, Xosé Ramón (15/07/2019). "La iglesia de Santa Baia de Chacín recuperará el esplendor que atesoró durante tres siglos". La Voz de Galicia. Consultado o 04/07/2021.