Chaira europea setentrional
Tipo | physiographic province (en) lowland (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | A Gran Chaira Europea | ||||
Localización | |||||
Continente | Europa | ||||
| |||||
Composto por | North German Plain (en) Q11821196 Central Polish Lowlands (en) Baltic southern coast (en) Xutlandia Southern North Sea coast (en) Flandres (região) (pt) | ||||
Características | |||||
Atravesa | República Checa, Alemaña, Polonia, Dinamarca, Países Baixos e Bélxica | ||||
A chaira europea setentrional (en alemán: Norddeutsches Tiefland; en polaco: Niż Środkowoeuropejski) é unha rexión xeomorfolóxica de Europa. Consiste principalmente en chairas entre as terras altas centroeuropeas ao sur e o mar do Norte e o Báltico no norte. Estes dous mares están separados pola península de Xutlandia. A chaira europea setentrional está conectada coa chaira europea oriental e xuntas forman a gran chaira europea.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A elevación está entre os 0 e os 200 m. Mentres que a maior parte é terra agrícola, a rexión contén tamén pantanos, uceiras e lagos. Na costa do mar do Norte, atópase o mar de Wadden, unha gran zona de marea. Na costa do mar Báltico, sitúase a lagoa de Pomerania, a lagoa do Vístula e a lagoa de Curlandia, unha serie de grandes lagoas de auga doce.
Localización
[editar | editar a fonte]A chaira europea setentrional localízase en Bélxica, os Países Baixos, Alemaña, Dinamarca e Polonia, ademais de tocar a República Checa. Partes da Inglaterra oriental poden tamén considerarse parte da chaira, xa que comparten o seu carácter de terra baixa e estivo conectada por terra durante a última idade de xeo.
Ríos
[editar | editar a fonte]As principais concas hídricas son, de oeste a leste: Rin, Ems, Weser, Elba, Oder e Vístula.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Baltic Lagoons
- Lowlands-L, an international discussion community dealing with the North European Plain, its cultures, language varieties, history, etc.; also dealing with Lowlands-based heritage in Britain, North America, Australia etc.
- Mapa (en ruso)