Chak-chak
Aparencia
O chak-chak ou çäkçäk (IPA: /ɕækˈɕæk/, jaŋalif: Cəkcək, tártaro cirílico: Чәкчәк [1]чәк-чәк, çäk - çäk; ruso: чак-чсәк әк, чәксәк, chak-chak; baxkir: säk-säk) é un doce tártaro. É o prato máis popular de Tartarstán e Baxkortostán, recoñecido como un dos símbolos tártaros de Rusia.
O çäkçäk está feito de grans de masa, cortados do tamaño dunha abelá e cocidos en aceite. Opcionalmente, engádense abelás ou froitos secos á mestura. A continuación, son amontoados con xarope de mel quente nun molde especial. Despois de callar e arrefriar, o çäkçäk pódese decorar opcionalmente con máis abelás e froitos secos.
Exaltación
[editar | editar a fonte]O çäkçäk máis grande (1000 kg) preparouse o 29 de agosto de 2005 durante a celebración do milenio de Kazan.[2]
Tipos
[editar | editar a fonte]- Se a masa se prepara en forma de fideos, o çäkçäk chámase boxara käläwäse (Бохара кәләвәсе, /bɔxɑˈrɑ kælæwæˈse/). [1]
- O shek-shek kazakh é semellante ao boxara käläwäse.
- O çäkçäk de voda tradicional é de maior tamaño que os normais, e adoita estar cuberto de caramelos e améndoas azucradas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Чәкчәк. Kazán: Academia de las Ciencias de la República de Tartaristán.
- ↑ ЧАК-ЧАК-РЕКОРДСМЕН Arquivado 19 de xuño de 2017 en Wayback Machine. (ruso)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chak-chak |