Saltar ao contido

Chaleco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Home usando un chaleco.

O chaleco[1] ou colete[2] é unha peza de vestir sen mangas para pór por riba da camisa, que vai dos ombros á cintura ou á cadeira e se abotoa por diante.

Existen modelos para vestir, pero tamén modelos reflectores (para que o usuario sexa máis visíbel, usualmente usados por obreiros e operarios) e modelos antibalas (deseñados precisamente para profesións como a de policía ou militar), por poñer dous exemplos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chaleco.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para colete.