Chamaeleo
Chamaeleo Rango fósil: mioceno temperán - actualidade (16,9 - 0 Millóns de anos)[1] | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Camaleón común (Chamaeleo chamaeleon) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||
Chamaeleo parisiensium Laurenti, 1768 | |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Chamaeleo é un xénero de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos iguanios, o tipo da familia dos camaleónidos e da subfamilia dos camaleoninos.
O xénero comprende numerosas especies, a maioría delas distrubídas na África subsahariana, pero algunhas tamén están presentes no norte de África, no sur de Europa e no sur de Asia oriental, até a India e Sri Lanka.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1768 polo médico e naturalista austríaco Josephus Nicolaus Laurenti, na súa obra Specimen Medicum, Exhibens Synopsin Reptilium Emendatam cum Experimentis circa Venena, sobre a función do veleno nos réptiles e anfibios. Neste importante libro sobre herpetoloxía definiu trinta xéneros de réptiles, mentres que na 10ª edición do Systema Naturae, de Linnaeus, publicada en 1758, definíanse só dez xéneros.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Chamaeleo deriva do latín chămaelĕōn,[2] tirado do grego antigo χαμαιλέων chamailéōn,[2][3] voz formada polos elementos χαμαί chamaí, "en terra", "polo chan", e λέων léōv, "león".[3] Literalmente: "león da terra".
Controversias taxonómicas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Camaleón.
Chamaeleo é o xénero tipo da familia dos camaleónidos e da subfamilia dos camaleoninos. Moitos xéneros desta subfamilia (Bradypodion, Calumma, Furcifer, Kinyongia, Nadzikambia e Trioceros) estiveron no pasado incluídos en Chamaleo, pero agora considéranse xéneros distintos.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]
- Phumanola Gray, 1864
- Calyptosaura Gray, 1864
- Erizia Gray, 1864
Clasificación
[editar | editar a fonte]Na actualidade reoñécense no xénero as 14 especies seguintes:[5]
- Chamaeleo africanus Laurenti, 1768
- Chamaeleo anchietae Bocage, 1872
- Chamaeleo arabicus Matschie, 1893
- Chamaeleo calcaricarens Böhme, 1985
- Chamaeleo calyptratus A. M. C. Duméril & A. H. A. Duméril, 1851
- Chamaeleo chamaeleon (Linnaeus, 1758)
- Chamaeleo dilepis Leach, 1819
- Chamaeleo gracilis Hallowell, 1842
- Chamaeleo laevigatus Gray, 1863
- Chamaeleo monachus Gray, 1865
- Chamaeleo namaquensis A. Smith, 1831
- Chamaeleo necasi Ullenbruch, Krause & Böhme, 2007
- Chamaeleo senegalensis Daudin, 1802
- Chamaeleo zeylanicus Laurenti, 1768
Características
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Camaleón e Protráctil.
As especies do Chamaeleo son de movementos lentos, e poden mover os ollos de maneira independente. Poden cambiar de cor. Teñen unha ligua longa e unha cola prénsil. Os machos son xeralmente máis grandes e coloridos que as femias. Adoitan medir entre 15 e 40 cm (sen contar a cola).
Comportamento
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Camaleón.
A gran maioría son arborícolas e poden ser encontrados normalmente en árbores e arbustos, pero hai algunhas especies, como Chamaeleo namaquensis, que son principalmente terrestres. Todas as especies son ovíparas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chamaeleo Laurenti 1768 en Fossilworks.
- ↑ 2,0 2,1 chămaelĕon, -ōnis en: Charlton T. Lewis & Charles Short (1879): A Latin Dictionary. Oxford: Clarendon Press.
- ↑ 3,0 3,1 χαμαιλέων en: Henry George Liddell & Robert Scott (1843): A Greek–English Lexicon. Oxford: Oxford University Press.
- ↑ Chamaeleo Laurenti, 1768 en Wikispecies.
- ↑ Chamaeleo Laurenti, 1768 no ITIS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chamaeleo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Chamaeleo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Davison, Linda J. (1997): Chameleons: Their Care and Breeding. Surrey, Columbia Británica, Canadá: Hancock House Publishers. ISBN 978-0-8883-9353-1.
- Le Berre, François; Bartlett, Richard D. (2009): The Chameleon Handbook. 3rd Edition. Hauppauge, Estado de Nova York: Barron's Educational Series. ISBN 978-0-7641-4142-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Chamaeleo na ADW.
- Chameleons. Chamaeleo na EOL.