Saltar ao contido

Chanida Phaengdara Potter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChanida Phaengdara Potter
Biografía
Nacemento28 de maio de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Vieng Xai, Laos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Minnesota (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata

Twitter: chanidanoy Instagram: chanidahhh Editar o valor en Wikidata


Chanida Phaengdara Potter, nada en Vieng Xai o 28 de maio de 1984, é unha escritora e activista de Laos, traballadora nas comunidades da diáspora do sueste asiático e lao nos Estados Unidos de América.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na zona agrícola de Viengxai, onde a súa familia fora levada como prisioneiros políticos despois da guerra a campos de traballo e reeducación. En 1987, logo de tres anos en campos de refuxiados, a familia solicitou asilo político nos Estados Unidos e estableceuse en Minneapolis (Minnesota).

Fixo Estudos Globais e Comunicación na Universidade de Minnesota-Twin Cities, e fixo un mestrado na Universidade Hamline. Traballou no Twin Cities Daily Planet[1], Asian American Press, The Uptake, Minnesota Public Radio, Star Tribune, Pioneer Press e Voice of America. As súas publicacións céntranse na diáspora lao, os asuntos internacionais e o desenvolvemento sustentable a través dos medios de comunicación. En 2010 estivo presente na primeira Conferencia de Escritores Lao dos Estados Unidos canda a Saymoukda Vongsay, Catzie Vilayphonh e Bryan Thao Worra. Tamén estivo presente na segunda Conferencia de 2015, celebrada co Simposio Lao-estadounidense, co tema "A nosa viaxe compartida". En 2011 cofundou a publicación dixital Little Laos on the Prairie canda a Danny Khotsombath.

  1. "Chanida Phaengdara Potter on the Twin Cities Daily Planet". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 02 de abril de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]