Channing Frye
(2019) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1983 (41 anos) White Plains, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | St. Mary's Catholic High School (en) Universidade de Arizona | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 211 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 116 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, creador de podcast | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2005 - 2019 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 8 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | New York Knicks | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | channingfrye.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Channing Thomas Frye, nado en White Plains, Nova York, o 17 de maio de 1983, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional que xogou durante 14 tempadas na National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Frye foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2005 polos New York Knicks.[1] Ó remate da súa tempada de rookie, foi incluído no mellor quinteto de rookies da tempada 2005-06.
O 28 de xuño de 2007, Frye foi traspasado xunto a Steve Francis ós Portland Trail Blazers, a cambio de Zach Randolph, Fred Jones e Dan Dickau.[2]
O 14 de xullo de 2009, Frye asinou cos Phoenix Suns un contrato de dous anos e 3.8 millóns de dólares.[3] En febreiro de 2010, Frye foi elixido para xogar o concurso de triplas do All-Star Weekend da NBA, converténdose no primeiro pivote en participar dende Sam Perkins en 1997.[4] O 8 de xullo de 2010, Frye asinou un novo contrato cos Suns por cinco anos e 30 millóns de dólares.[5]
O 14 de xullo de 2014, Frye asinou cos Orlando Magic un contrato por catro anos e 32 millóns de dólares.[6]
O 18 de febreiro de 2016, Frye foi traspasado ós Cleveland Cavaliers a cambio de Jared Cunningham e unha futura elección da segunda rolda do Draft.[7]
O 8 de febreiro de 2018, Frye foi traspasado xunto a Isaiah Thomas e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018 ós Los Angeles Lakers, a cambio de Jordan Clarkson e Larry Nance, Jr..[8]
O 19 de xullo de 2018, Frye asinou cos Cleveland Cavaliers.[9] O 1 de marzo de 2019, Frye anunciou que a tempada 2018-19 sería a súa derradeira tempada coma xogador profesional.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arizona's Channing Frye and Salim Stoudamire Selected in 2005 NBA Draft". ArizonaWildcats.com. 5 de xullo de 2005. Consultado o 18 de febreiro de 2016.
- ↑ Stein, Marc (29 de xuño de 2007). "Randolph heading to Knicks, Francis shipped to Blazers in draft-day trade". ESPN.com. Consultado o 13 de novembro de 2015.
- ↑ Swiat, Stefan (14 de xullo de 2009). "Frye Returns Home to Play for Suns". NBA.com. Consultado o 15 de xullo de 2009.
- ↑ Coro, Paul (31 de xaneiro de 2010). "Suns' Channing Frye selected for 3-point shootout". Archive.azcentral.com. Consultado o 13 de novembro de 2015.
- ↑ "Suns Re-Sign Channing Frye". NBA.com. 8 de xullo de 2010. Consultado o 13 de novembro de 2015.
- ↑ "Orlando Magic Sign Channing Frye". NBA.com. 14 de xullo de 2014. Consultado o 13 de novembro de 2015.
- ↑ "Cavaliers Acquire Channing Frye". NBA.com. 18 de febreiro de 2016. Consultado o 18 de febreiro de 2016.
- ↑ "Lakers Acquire Isaiah Thomas, Channing Frye in Trade with Cleveland". NBA.com. 8 de febreiro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2018.
- ↑ "Cavaliers Sign Channing Frye". NBA.com. 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018.
- ↑ "Frye to retire at end of Cavaliers' season". ESPN.com. 1 de marzo de 2019. Consultado o 2 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 03 de novembro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1983
- Nados en Nova York
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Ala-pivotes de baloncesto
- Pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Portland Trail Blazers
- Xogadores dos Phoenix Suns
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores dos Los Angeles Lakers