Charles-Eugène Guye
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1866 ![]() Champvent, Suíza (pt) ![]() ![]() |
Morte | 15 de xullo de 1942 ![]() Xenebra, Suíza ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suíza ![]() |
Educación | Universidade de Xenebra ![]() |
Director de tese | Charles Soret (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Física ![]() |
Ocupación | físico , profesor universitario ![]() |
Empregador | ETH Zürich Universidade de Xenebra ![]() |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Obra | |
Doutorando | Charles Soret (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Premios | |
![]() |
Charles-Eugène Guye, nado en Champvent o 15 de outubro de 1866 e finado en Xenebra, Suíza o 15 de xullo de 1942, foi un físico suízo. Estudou física na Universidade de Xenebra, obtendo o seu doutoramento en 1889 cunha tese sobre o fenómeno da dispersión óptica rotatoria.
Dende 1890 ata 1892 traballou como lector en Xenebra, e dende 1893 ata 1900 como lector na Politécnica de Zürich, mudando o seu interese investigador á enxeñaría eléctrica. Dende 1900 ata 1930 foi profesor e director do Instituto de Física da Universidade de Xenebra.
Dende 1907, xunto ós seus estudantes Simon Ratnowsky e Charles Lavanchy levou a cabo experimentos para demostrar a dependencia da masa do electrón da súa velocidade,[1] e os seus resultados apoiaron as predicións de Lorentz, Einstein e da teoría especial da relatividade en contra da teoría rival do electrón proposta por Max Abraham.
Participou na 5ª e 7º conferencias de Solvay, e foi autor ou coautor de máis de 200 artigos sobre física e varios libros, incluíndo obras filosóficas sobre a base biolóxica-física-química da evolución e sobre os límites da física e da bioloxía.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Lacki, Jan; Yachin Karim (2005). "Replication of Guye and Lavanchy’s experiment" (PDF). Archives des Sciences 58: 159–170.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles-Eugène Guye ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |