Charles Osborne (impo)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de decembro de 1894 ![]() Anthon, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 1 de maio de 1991 ![]() Sioux City, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Charles Osborne, nado no lugar de Anthon, Iowa, en 1894 e finado tamén en Iowa o 1 de maio de 1991, foi un home estadounidense que tivo impo continuo durante 68 anos (1922-1990) e que por tal motivo figura no Libro Guinness dos Récords, ao ter padecido o ataque de impo máis longo rexistrado nunca.
Osborne e o impo
[editar | editar a fonte]O impo comezoulle en 1922 cun ritmo de 40 veces por minuto, baixando a 20 por minuto e deténdose eventualmente o 5 de xuño de 1990, ou sexa, 68 anos despois. A súa condición permitiulle ir como convidado ao programa Ripley's Believe It or Not! en 1936, a That's Incredible! da ABC en 1980 e mais a The Tonight Show con Johnny Carson en 1983, sendo tamén incluído nunha das preguntas do xogo de mesa Trivial Pursuit. Osborne empezou a impar en 1922, durante a matanza do porco. Malia a súa condición, Osborne foi capaz de levar unha vida normal, mesmo casando dúas veces. Osborne morreu de complicacións de úlceras no Marian Health Center en Sioux City, Iowa o 1 de maio de 1991 e foi enterrado no cemiterio de Oak Hill en Anthon, Iowa tres días despois.
Estimouse que Osborne impou unhas 430 millóns de veces ao longo dese período de 68 anos.
Notas
[editar | editar a fonte]- Survivor of 68-Year Hiccup Spell Dies. Omaha World - Herald, 5 de maio de 1991, Sunrise Edition: 2.B.