Charles Spurgeon
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xuño de 1834 Kelvedon, Reino Unido (pt) |
Morte | 31 de xaneiro de 1892 (57 anos) Menton, Francia |
Causa da morte | Febre amarela |
Lugar de sepultura | Cemitério de West Norwood (pt) |
Relixión | Baptismo e Batistas reformados (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoloxía, Calvinismo, literatura, relixión e cristianismo |
Ocupación | predicador, escritor de himnos, escritor, autobiógrafo, teólogo, pastor |
Empregador | Tabernáculo Metropolitano (pt) The Crystal Palace (pt) New Park Street Chapel (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Susannah Spurgeon |
Fillos | Thomas Spurgeon |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Spurgeon, Charles Haddon |
Sitio web | spurgeon.org |
Charles Haddon Spurgeon, nado en Kelvedon (Essex) o 19 de xuño de 1834[1] e finado en Menton (Francia) o 31 de xaneiro de 1892, foi un predicador baptista inglés. Foi enormemente influente entre os cristiáns de varias denominacións, entre os que é coñecido como "Príncipe dos Predicadores". Foi unha figura importante na tradición do baptismo reformado, defendendo a igrexa no acordo coa Confesión de Fe Baptista de Londres de 1689 e opoñéndose ás tendencias teolóxicas liberais e pragmáticas da igrexa da súa época.
Spurgeon foi pastor da congregación da Nova Capela de Park Street (posteriormente Tabernáculo Metropolitano) en Londres durante 38 anos.[2] Participou en varias controversias coa Unión Baptista de Gran Bretaña e posteriormente abandonou a denominación polas súas conviccións doutrinais.[3] En 1867, iniciou unha organización de caridade coñecida como Spurgeon's. Tamén fundou o Spurgeon's College, que recibiu o seu nome postumamente.
Spurgeon escribiu moitos tipos de obras, que incluíron sermóns, unha autobiografía, comentarios , libros de oracións, devocionarios, revistas, poesías e himnos.[4][5] Moitos dos seus sermóns eran transcritos mentres el falaba e foron traducidos a moitas linguas durante a súa vida. É recoñecido por producir poderosos sermóns de pensamento penetrante e exposición precisa. Dicíase que as súas habilidades oratorias mantiñan os seus ouvintes arroubados no Tabernáculo Metropolitano e moitos cristiáns tiñan os seus escritos nunha alta estima entre a literatura devota.[6]
Obras
[editar | editar a fonte]
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Charles Haddon Spurgeon, A Biography, Chapter 1 – By William Young Fullerton
- ↑ "History of the Tabernacle". Metropolitan Tabernacle. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de xaneiro de 2009.
- ↑ Farley, William P (xaneiro de 2007). "Charles Haddon Spurgeon: The Greatest Victorian Preacher". Enrichment Journal. AG. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2012. Consultado o 20 de xaneiro de 2009.
- ↑ Spurgeon, Charles Haddon (1982). "Immanuel". En Houghton, Elsie. Christian Hymn-writers. Bridgend, Wales: Evangelical Press of Wales. ISBN 0-900898-66-6.
- ↑ The Baptist Hymn Book. Londres: Psalms and Hymn Trust. 1982.
- ↑ Dallimore, Arnold (1985). Spurgeon: A New Biography. pp. 178–79.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Spurgeon |
A Galipedia ten un portal sobre: Reino Unido |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Austin, Alvyn (2007). China's Millions: The China Inland Mission and Late Qing Society. Grand Rapids, MI: Eerdmans. ISBN 978-0-8028-2975-7.
- Brackney, William H. A Genetic History of Baptist Thought: With Special Reference to Baptists in Britain and North America. Macon, GA: Mercer University Press, 2004.
- Dallimore, Arnold (setembro de 1985). Spurgeon: A New Biography. Edimburgo: The Banner of Truth Trust. ISBN 978-0-85151451-2.
- Hoyt, Wayland (1892). Walks and Talks with Charles H. Spurgeon. American Baptist Pub. Society.
- Murray, Iain (1972). The Forgotten Spurgeon. Edinburgh UK: Banner of Truth. ISBN 978-0-85151-156-6.
- Nettles, Tom (21 de xullo de 2013). Living By Revealed Truth: The Life and Pastoral Theology of Charles Haddon Spurgeon. Ross-shire: Christian Focus Publishing. ISBN 978-1-78191122-8., 700 pp.
- Sheehan, Robert (xuño de 1985). Spurgeon and the Modern Church. Phillipsburg, NJ: Presbyterian & Reformed. ISBN 978-0-94646205-6.
- The Standard Life of CH Spurgeon. Londres: Passmore and Alabaster.