Charlie Airlines
Charlie Airlines | ||
---|---|---|
IATA CY | OACI CYP | Indicativo CYPRUS |
Fundación | 2016 | |
Inicio das operacións | 1 de xuño de 2017 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Larnaca | |
Frota | 2 | |
Destinos | 10 | |
Páxina web: https://www.cyprusairways.com |
Charlie Airlines, operando como Cyprus Airways, é unha aeroliña chipriota baseada no aeroporto de Larnaca. A compañía colleu o seu nome da quebrada Cyprus Airways despois de gañar os dereitos para poder usalo.[1] O logotipo da aeroliña incorpora unha póla de olivo, o principal símbolo de Chipre.
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 2016 anunciouse que S7 Airlines planeaba lanzar unha aeroliña chipriota co nome Charlie Airlines. No mes de xullo anunciouse que a compañía gañara unha compatición polos dereitos de uso da marca Cyprus Airways durante unha década.[2]
O 4 de marzo de 2017 a aeroliña realizou o seu voo de proba dende o aeroporto de Larnaca ao aeroporto de Heraclión cun Airbus A319, como parte do procedemento para obter o seu certificado de operador.[3]
O 14 de marzo de 2017 anunciouse que a aeroliña obtivera o seu certificado de operador aéreo do Departamento de Aviación Civil de Chipre.[4]
Frota
[editar | editar a fonte]En maio de 2018 a frota de Charlie Airlines estaba formada polos seguintes avións:[5]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|---|
Airbus A319-100 | 2 | 144[6] | ||
Total | 2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cyprus Mail (ed.). "Cyprus Airways reborn". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de xuño de 2018.
- ↑ Alternative Airlines (ed.). "S7 Airlines launches new airline in Cyprus, Charlie Airlines". Consultado o 4 de xuño de 2018.
- ↑ Gold News (ed.). "Cyprus Airways Receives Air Operator Certificate". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2018.
- ↑ ch-aviation (ed.). "Cyprus Airways 2.0 secures AOC; sets sights on its ASL". Consultado o 4 de xuño de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "Cyprus Airways Fleet Details and History". Consultado o 4 de xuño de 2018.
- ↑ Cyprus Airways (ed.). "Our fleet". Consultado o 4 de xuño de 2018.