Saltar ao contido

Charo Valcárcel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCharo Valcárcel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de maio de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Vinseiro, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, profesora de ensino secundario Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosBrais, Iria Morgade, Adrián Morgade Editar o valor en Wikidata

Facebook: Charovalcarcel BNE: XX6343178 Editar o valor en Wikidata

Charo Valcárcel Mato, nada en Vinseiro (A Estrada) o 24 de maio de 1960, é unha escritora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Neta de Bernardo Mato Castro.[1] Licenciada en Filoloxía Hispánica pola USC. Foi profesora de lingua e literatura galega no IES Valle Inclán de Pontevedra. Logo da súa xubilación publicou o seu primeiro libro de poesía Cando os bosques sintan frío en decembro de 2021 [2] e en 2022 o libro de relatos protagonizados por mulleres Funámbulas (Relatos: "Derrota, Cazador, Espello, Néboa, Certezas, Nó, Desatino, Angele dei, Inocente, Desafío, Outono, A pomada de Graña").

Participou en publicacións colectivas coma a revista Furman (2020), Xistral (2021) e nas colectáneas de poesía luso-española Cultura sen fronteiras e Abraço de culturas.[3]

Presentando con Xaime Toxo Cando os bosques sintan frío en Bueu, Libraría Miranda, agosto 2022

É unha das creadoras do proxecto web De vella a bella.[4] No IES Valle Inclán dirixiu o grupo de teatro Argallada.[5]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • XIII Certame literario Terras de Chamoso polo relato Espello.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É nai de Iria, Adrián e Brais Morgade Valcárcel.

  1. A historia de Bernardo Mato
  2. Presentación de los primeros libros de Charo Valcárcel y Manuel Brey
  3. Valcárcel, Charo (2022). Funámbulas. Medulia. ISBN 9788417824792. 
  4. "Inicio". De Vella a Bella. Consultado o 2022-08-11. 
  5. "Charo, autor en De Vella a Bella". De Vella a Bella. Consultado o 2022-08-29. 
  6. ""Cando os bosques sintan frío" de Charo Valcárcel será presentado na Libraría Pedreira de Compostela". www.nosdiario.gal. Consultado o 11 de agosto de 2022. [Ligazón morta]
  7. Xolda.com. "Edicións Embora - Título Funámbulas". www.edicionsembora.es. Consultado o 2023-01-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]