Chasmanthe floribunda
Chasmanthe floribunda | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
''Chasmanthe floribunda'' Salisb. N.E.Br. 1932 |
Chasmanthe floribunda (Salisb.) N.E.Br. é unha especie herbácea e perenne pertencente á familia das iridáceas. É usada como ornamental en varias partes do mundo.
En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha herba perenne, de follaxe decidua, bulbosa e ornamental, nativa de Suráfrica do mesmo xeito que as restantes especies de Chasmanthe. É unha especie que alcanza gran tamaño, até 1,2 m, con follas ensiformes de 30 a 60 cm de longo e 3 a 5 cm de ancho e flores tubulares de cor vermella-alaranxada nunha espiga erecta. Vexeta no inverno, florece na primavera e permanece en repouso durante o verán.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Chasmanthe floribunda foi descrita por Salisb. N.E.Br. e publicada en Transactions of the Royal Society of South Africa 20(3): 274. 1932.[2]
Chasmanthe: nome xenérico que procede do grego chasme, que significa aberto, partido e anthos, que significa flor, facendo referencia aos tépalos incisos ou partidos.
floribunda: epíteto latino que significa "profusamente floreada".[3]
- Antholyza floribunda Salisb., Trans. Hort. Soc. London 1: 324 (1812).
- Petamenes floribunda (Salisb.) E.Phillips, Bothalia 4: 44 (1941).[4]
- Antholyza praealta Delile[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras
- ↑ "Chasmanthe floribunda". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 2 de abril de 2015.
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ "Chasmanthe floribunda". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 25 de marzo de 2010.
- ↑ "Chasmanthe floribunda". The Plant List. Consultado o 6 de abril de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dimitri, M. 1987. Enciclopedia Argentina de Agricultura y Jardinería. Tomo I. Descripción de plantas cultivadas. Editorial ACME S.A.C.I., Buenos Aires.