Chelonoidis abingdonii
Chelonoidis abingdonii | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
George o Solitario na Estación de Investigación Charles Darwin en 2006, o último individuo coñecido desta especie de tartaruga das Galápagos | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Extinto [1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Mapa das illas Galápagos indicando a localización das especies
|
Chelonoidis abingdonii é unha especie de tartaruga xigante das Galápagos propia da illa Pinta (ou illa Abingdon) do arquipélago das Galápagos[2][3], que probablemente está extinta.[4]
A especie foi descrita por Albert Günther en 1877 a partir de espécimes que chegaron a Londres. Ao final do século XIX a maioría das tartarugas da illa Pinta foran exterminadas debido á caza.[5] Contra mediados do século XX, a especie considerábase extinguida[6] ata que se descubriu un só macho na illa en 1971. Este macho, ao que lle chamaron George o Solitario (Lonesome George), intentouse aparealo con outras especies, pero non se conseguiron ovos viables. O exemplar morreu en 2012 e a especie considerouse extinguida.[7] Porén, despois, en 2012, detectáronse 17 híbridos de primeira xeración que se encontraron no volcán Wolf da illa Isabela durante unha expecición de investigadores da Universidade Yale. Como estes espécimes eran xoves, os seus pais debían estar aínda vivos, polo que podería haber superviventes desta especie.[8][9]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Evolución
[editar | editar a fonte]A orixe e relacións sistemáticas das tartarugas das Galápagos non están resoltas hoxe en día, aínda que se interesou por elas o propio Charles Darwin. Os científicos utilizaron a secuenciación do ADN e os resultados mostraron que os tres mellores candidatos para ser os parentes máis próximos das tartarugas das Galápagos viven hoxe en Suramérica, e eran Geochelone denticulata, Geochelone carbonaria e Geochelone chilensis.
Comportamento e ecoloxía
[editar | editar a fonte]As tartarugas das Galápagos descansan 16 horas ao día, son herbívoras e aliméntanse principalmente de vexetais e froitas e cactos. Beben grandes cantidades de auga que almacenan nos seus corpos durante longos períodos de tempo e utilizan máis tarde. Poden sobrevivir varios meses sen comer nin beber. As tartarugas das Galápagos son moi importantes na dispersión de sementes nas illas[10] e son megaherbívoros esenciais para dar forma ao ecosistema das illas.[11]
Relacións cos humanos
[editar | editar a fonte]Esforzos de conservación
[editar | editar a fonte]En 1958, importáronse cabras á illa Pinta que empezaron a comer gran parte da vexetción en detrimento do hábitat natural.[12][13] Iniciáronse despois programas sostidos de eliminación das cabras. A medida que diminuíu a poboación de cabras, a vexetación se recuperou rapidamente. Empezaron a rexenerarse pequenas árbores dos tocos deixados polas cabras. Os arbustos das terras altas, árbores en cecemento, cactos Opuntia, e outras especies endémicas experimentaron un incremento. En 2003, illa Pinta foi declarada "libre de cabras".[14] Tamén se iniciaron programas para intentar aumentar as poboacións de diversas especies de tartarugas das Galápagos.
Xurxo o Solitario (Lonesome George)
[editar | editar a fonte]O último individuo coñecido vivo da especie de Pinta foi un macho ao que se lle chamou Xurxo o Solitario (Lonesome George),[15][16] que morreu en 2012.[16][17][18] Nos seus últimos anos, era a criatura máis escasa do mundo. Serviu como un símbolo poderoso dos esforzos de conservación nas Galápagos e en todo o mundo.[19]
O exemplar fora atopado na illa Pinta en 1971 polo malacólogo húngaro József Vágvölgyi. Foi trasladado pola súa seguridade á Estación de Investigación Charles Darwin na illa de Santa Cruz, onde foi encerrado nun curral con dúas femias dunha especie diferente. Aínda que as femias produciron ovos, estes non eclosionaron. Durante décadas intentouse de novo o seu apareamento pero sen éxito, probablemente debido á ausencia de femias da súa propia especie. A tartaruga de Pinta foi considerada como funcionalmente extinta, xa que Xurxo o Solitario estaba en catividade.
O 24 de xuño de 2012 anunciouse que o animal morrera,[20][21][22][23] seguramente por fallo cardíaco debido á súa elevada idade.
Posibles individuos superviventes
[editar | editar a fonte]Á parte de Xurxo o Solitario, en 2006, o investigador Peter Pritchard suxeriu que unha tartaruga que vivía no zoolóxico de Praga podería ser unha tartaruga da illa Pinta pola forma da súa coiraza,[24][25] pero as análises de ADN que despois se realizaron descartaron esa posibilidade, xa que probablemente se trataba dun exemplar da illa Pinzón, Chelonoidis duncanensis.[2][25][26]
Máis probable é que existan algúns exemplares superviventes, pero non na illa Pinta, senón na illa Isabela. Os baleeiros e piratas utilizaban no pasado a illa Isabela, que é a máis grande e central do arquipélago, como un lugar onde descargaban as tartarugas capturadas como alimento das que se querían desfacer. Hoxe, crese que algunhas destas tartarugas sobreviviron na zona do volcán Wolf e combinaron os seus xenes con outras especies.[27][28] En maio de 2007, as análises de microsatélites xenómicos indicaron que algúns individuos C. abingdonii poderían aínda existir libres na natureza na illa Isabela.[29] Identificouse un macho na rexión do volcán Wolf, que ten a metade dos seus xenes en común con Xurxo o Solitario. Ese animal debe ser un híbrido de primeira xeración entre a especie da illa Isabela e a da illa Pinta.[29] É posible, pois, que polo menos unha tartaruga de Pinta pura viva entra as 2 000 tartarugas da illa Isabela.[30]
A identificación de oito individuos de ascendencia mixta entre só 27 individuos mostreados (cun tamaño de poboación estimado no volcán Wolf de entre 1 000 e 2 000)… suxire a necesidade de organizar un exame inmediato e completo… para buscar máis individuos con ascendencia de Pinta.[29]
Unha recente expedición en Isabela feita pola Universidade Yale atopou que había 17 híbridos de primeira xeración da tartaruga de Pinta vivindo no volcán Wolf.[8] Programouse outra expedición para 2013 para buscar superviventes de Pinta e híbridos con vistas a iniciar un posible programa de crianza selectiva que sirva para reintroducir a tartaruga de Pinta na súa illa nativa.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cayot, L.J., Gibbs, J.P., Tapia, W. & Caccone, A. (2016). "Chelonoidis abingdonii". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: e.T9017A65487433. Consultado o 1 September 2016.
- ↑ 2,0 2,1 van Dijk, Peter Paul; Iverson, John B.; Shaffer, H. Bradley; Bour, Roger; Rhodin, Anders G. J. (2011). "Turtles of the World, 2011 Update: Annotated Checklist of Taxonomy, Synonymy, Distribution, and Conservation Status". En Rhodin, Anders G.J.; Pritchard, Peter C. H.; van Dijk, Peter Paul; Saumure, Raymond A.; Buhlmann, Kurt A.; Iverson, John B.; Mittermeier, Russell A. Conservation Biology of Freshwater Turtles and Tortoises. Chelonian Research Monographs, Number 5. p. 000.197. OCLC 472656069. doi:10.3854/crm.5.000.checklist.v4.2011.
- ↑ Reynolds, Robert P.; Marlow, Ronald W. (1983). "Lonesome George, the Pinta Island Tortoise: A Case of Limited Alternatives". Noticias de Galápagos (Charles Darwin Foundation for the Galapagos Isles) 37: 14–7. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ Tortoise & Freshwater Turtle Specialist Group (2016). "Chelonoidis nigra". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: e.T9023A97224409. Consultado o 1 September 2016.
- ↑ Nicholls, Henry (2007). Lonesome George: The Life and Loves of the World's Most Famous Tortoise. London: Pan Books. p. 2. ISBN 0330450115.
- ↑ Hinckley, Story (2015-10-22). "14 animals declared extinct in the 21st century". Christian Science Monitor. ISSN 0882-7729. Consultado o 2017-05-16.
- ↑ Jones, Bryony (25 June 2012). "Lonesome George, last of the Pinta Island tortoises, dies". CNN. Consultado o 25 June 2012.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "Galapagos Tortoise 'Lonesome George' May Have Company". LiveScience. Consultado o 27 November 2012.
- ↑ "Breeding Efforts May Resurrect Giant Tortoise Species - Island Conservation". Island Conservation (en inglés). 2016-07-26. Consultado o 2017-05-16.
- ↑ Blake; et al. (2012). "Seed dispersal by Galapagos tortoises" (PDF). Journal of Biogeography 39: 1961–1972. doi:10.1111/j.1365-2699.2011.02672.x. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de agosto de 2017. Consultado o October 30, 2015.
- ↑ Edwards, Danielle; Benavides, Edgar; Garrick, Ryan (January 2013). "The genetic legacy of Lonesome George survives: Giant tortoises with Pinta Island ancestry identified in Galápagos". Biological Conservation 157: 225–228. doi:10.1016/j.biocon.2012.10.014.
- ↑ "Galapagos Geology on the Web". Cornell University.
- ↑ "Eradication of feral goats Capra hircus from Pinta Island, Galápagos, Ecuador" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xaneiro de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ "Lonesome George". Galapagos Conservancy. Consultado o May 5, 2015.
- ↑ Gardner, Simon (6 February 2001). "Lonesome George faces own Galapagos tortoise curse". Arquivado dende o orixinal o 2011-06-04. Consultado o 2012-01-11.
- ↑ 16,0 16,1 Proceso de Relaciones Públicas de la Dirección del Parque Nacional Galápagos (24 June 2012). "El mundo pierde al solitario George". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 2012-06-25.
- ↑ "Lonesome George, last-of-his-kind Galapagos tortoise, dies". 25 June 2012.
- ↑ Raferty, Isolde. "Lonesome George, last-of-its-kind Galapagos tortoise, dies". MSNBC. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2012. Consultado o 2012-06-24.
- ↑ Nicholls, Henry (2006). Lonesome George: The Life and Loves of a Conservation Icon. London: Macmillan Science. ISBN 1-4039-4576-4.
- ↑ "Lonesome George, last of the Pinta Island tortoises, dies". CNN. Consultado o 25 June 2012.
- ↑ "Giant tortoise Lonesome George’s death leaves the world one subspecies poorer". nationalpost.com. Consultado o 25 June 2012.
- ↑ "Lonesome George, last-of-his-kind Galapagos tortoise, dies". IBN Live. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 25 June 2012.
- ↑ "Muere el Solitario George, la última tortuga gigante de isla Pinta". El Unveriso. Arquivado dende o orixinal o 2013-01-15. Consultado o 24 June 2012.
- ↑ Sulloway, Frank J. (July 28, 2006). "Is Lonesome George Really Lonesome?". eSkeptic. ISSN 1556-5696. Consultado o 2012-01-11.
- ↑ 25,0 25,1 Nicholls, Henry (2007). Lonesome George: The Life and Loves of the World's Most Famous Tortoise. London: Pan Books. p. 142. ISBN 0330450115.
- ↑ Russello, M. A.; et al. (2007). "Lineage identification of Galápagos tortoises in captivity worldwide". Animal Conservation 10 (3): 304–311. doi:10.1111/j.1469-1795.2007.00113.x.
- ↑ Marshall, Michael (26 June 2012). "Lonesome George dies but his subspecies genes survive". New Scientist. Consultado o 2012-06-26.
- ↑ Nicholls, Henry (6 June 2007). "Galapagos tortoises: untangling the evolutionary threads". New Scientist. Consultado o 2012-06-26.
- ↑ 29,0 29,1 29,2 Russello, Michael A.; Beheregaray, Luciano B.; Gibbs, James P.; Fritts, Thomas; Havill, Nathan; Powell, Jeffrey R.; Caccone, Adalgisa (1 May 2007). "Lonesome George is not alone among Galápagos tortoises". Current Biology 17 (9): R317–R318. PMID 17470342. doi:10.1016/j.cub.2007.03.002. Consultado o 2012-01-11.
- ↑ "Iconic tortoise George may not be last of his kind". ABC News. Agence France-Presse. May 1, 2007. Consultado o 2012-01-11.
- Caccone, Adalgisa; Gibbs, James P.; Ketmaier, Valerio; Suatoni, Elizabeth; Powell, Jeffrey R. (1999-11-09). "Origin and evolutionary relationships of giant Galápagos tortoises". Proceedings of the National Academy of Sciences 96 (23): 13223–13228. ISSN 0027-8424. PMC 23929. PMID 10557302. doi:10.1073/pnas.96.23.13223.
- Nicholls, Henry (2004-06-03). "Tortoise conservation: One of a kind". Nature 429 (6991): 498–500. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/429498a.
- Giant Tortoises Arquivado 15 de outubro de 2015 en Wayback Machine., Galapagos Conservancy
- Recovery of a nearly extinct Galápagos tortoise despite minimal genetic variation., Wiley Online Library
- [1]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Chelonoidis abingdoni |
- Naked Scientists audio discussion of Lonesome George
- Article on Lonesome George The giant tortoise of Galapagos Island.
- Lonesome George, by Vicki Seal
- "Team of Veterinarians Prepare Hybrid Tortoises for Release on Pinta Island in 2010" (Nota de prensa). Galapagos Conservancy. February 3, 2010. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2010. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- Garrick, Ryan C.; Benavides, Edgar; Russello, Michael A.; Gibbs, James P.; et al. (2012). "Genetic rediscovery of an 'extinct' Galápagos giant tortoise species". Current Biology 22 (1): R10–1. PMID 22240469. doi:10.1016/j.cub.2011.12.004.
- ↑ Edwards, Danielle L.; Benavides, Edgar; Garrick, Ryan C.; Gibbs, James P.; Russello, Michael A.; Dion, Kirstin B.; Hyseni, Chaz; Flanagan, Joseph P.; Tapia, Washington (2013-01-01). "The genetic legacy of Lonesome George survives: Giant tortoises with Pinta Island ancestry identified in Galápagos". Biological Conservation 157: 225–228. doi:10.1016/j.biocon.2012.10.014.